Sobresemento da causa contra Carlos Santiago

Sobresida a causa contra Carlos Santiago

Carlos Santiago, dramaturgo e escritor, quedaba libre dos cargos polo suposto delito de ofensa contra os sentimentos relixiosos interposta pola asociación ultracatólica Abogados Cristianos, por mor do pregón de Entroido de 2018 de Santiago de Compostela. A resolución ratifica a desestimación da causa en primeira instancia en decembro de 2019 por non estar debidamente xustificada, por parte dos demandantes, a perpetración de tal delito.