Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
Etiqueta: Academia Galega de Teatro
Debate: ‘O teatro galego diante da pandemia COVID-19’
Os teatros galegos pecharon as súas portas ao público coa entrada do estado de alarma a mediados de marzo e centos as compañías víronse afectadas por esas medidas. Agora estase, aos poucos retomando a actividade. Para debater sobre a situación actual e propostas de futuro, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda xunta, este martes día 22 ás 20 h., a Imma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, María Torres, vicepresidenta de Escena Galega, Eva Fórneas e Sara Fandiño, vogais da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e Isabel Risco, en representación da agrupación cultural. Coordina e modera Miguel Pernas.
Convócase o III Premio ‘Laudamuco’ para Textos Teatrais
A dotación económica do premio será de 7.000 euros e a edición da obra gañadora, que correrá a cargo de Edicións Positivas. Laudamuco, señor de ningures foi a obra coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional. Aconteceu o dezaseis de maio de 1978. Van alá corenta e dous anos. Detrás daquela […]
Tecer e destecer, por Antón Lamapereira
| Antón Lamapereira | O 27 de marzo – Día Internacional do Teatro- de 2018, na presentación pública da Academia Galega de Teatro anunciábase, como un dos seus obxectivos fundamentais, a Convocatoria dun Congreso Internacional de Teatro Galego. E velaquí como dous anos despois logrou o seu propósito aínda que, convocado para o mes […]
As asociacións profesionais demandan medidas específicas para a cultura
Un total de dezasete asociacións profesionais traballan de xeito colaborativo na elaboración dunha proposta na que se demandan distintas medidas específicas dirixidas ao sector cultural polas consecuencias do COVID- 19. A iniciativa da creación desta mesa xurdiu desde a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) a partir do seu comunicado onde manifestaban […]
Adiado ata outubro o I Congreso Internacional do Teatro Galego
A Academia Galega de Teatro vén de facer público un comunicado polo que anuncia o adiamento do I Congreso Internacional do Teatro Galego por mor das recomendacións da Organización Mundial de Saúde, as orientacións ditadas pola Xunta de Galicia e as decisións xa tomadas polas autoridades sobre o aforo de espazos públicos para as vindeiras […]
O Congreso do Teatro Galego quere establecer un plan estratéxico e unha lei do teatro
Onte presentouse aos medios o programa do I Congreso Internacional de Teatro Galego, que se celebrará entre o 25 e o 28 de marzo de 2020 na Cidade da Cultura. Na presentación, celebrada no Consello da Cultura Galega, participaron Inma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, Juan Rivas, presidente do Consello territorial da SGAE, […]
O teatro e danza institucionais, ameazados polas reformas anunciadas pola Xunta
A AAAG, a Academia de Teatro e Músicos ao Vivo, esixen a retirada dun Proxecto de Decreto para modificar os Estatutos da Agadic que se está a levar a cabo de costas ao groso do sector e que “acentuará o desmantelamento sistemático que a Xunta de Galicia está a practicar coas unidades de produción institucional”; […]
A Academia Galega de Teatro esíxelle explicacións á Xunta sobre os posibles recortes ao CDG e CCG
A Academia Galega de Teatro vén de facer público un comunicado no que critica a “opacidade” e “falta de comunicación” da Consellería de Cultura, a raíz das informacións aparecidas nos últimos días sobre un posible recorte no orzamento das unidades de produción da Axencia Galega de Industrias Culturais e sobre un cambio de estatuto desta. […]
Aberta a convocatoria para o II Premio Laudamuco para Textos Teatrais
Laudamuco, señor de ningures foi a obra coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional. Aconteceu o dezaseis de maio de 1978. Van alá corenta e un anos. Detrás daquela audaz iniciativa estaba a “Compañía Antroido” e, dirixindo ese proxecto escénico, o noso ilustre veciño Roberto Vidal Bolaño. Aquela decisión foi determinante para […]
A Academia Galega de Teatro rexeita tamén a retirada de apoio ao FITO do Concello de Ourense
A Academia Galega de Teatro, vén de facer público un comunicado no que amosa o seu apoio ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) no que fai patente o seu “rexeitamento da decisión do Concello de Ourense de retirarlle o apoio ao Festival”. A Academial apunta no seu comunicado que “o FITO, tras once […]
Centro Dramático Galego: o futuro sen Fefa Noia
Fefa Noia, a directora do Centro Dramático Galego, comunicou este martes que deixará o seu posto. Alegando motivos profesionais, Noia deixará de ser a cabeza visible do CDG en outubro: o Centro remata así unha etapa que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia cualifica de “convulsa”. Mais os problemas non comezaron coa chegada […]
A Academia Galega de Teatro esixe a continuidade do Museo Galego da Marioneta
A Academia Galega de Teatro vén de facer público un manifesto no que mostra a súa repulsa ao recente anuncio de que o Museo Galego da Marioneta pecharía as súas portas a causa dos atrancos legais que impiden que adquira unha entidade xurídica propia. A Academia subliña a importancia histórica e cultural da colección e […]
Xavier Lama recibe este xoves en Brión o I Premio Laudamuco
Este xoves 16 de marzo, entregaráselle a Xavier Lama, gañador da primeira edición deste galardón, o Premio Laudamuco para Textos Teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O acto de entrega terá lugar na Carballeira de Santa Minia, en Brión, ás 12:00. O Premio Laudamuco é un galardón […]
Xavier Lama gaña o I Premio Laudamuco de textos teatrais
Xavier Lama é o gañador do I Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas coa obra Na miña alma ouvea un lobo. Xavier Lama (Guntín, 1962) é autor de diversos textos dramáticos como O peregrino errante que cansou ó demo (Premio Camiño de Santiago en 1993), O […]