Os Premios Follas Novas do Libro Galego 2021 repasan a actividade dun exercicio, o 2020, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro. Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundos dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos.
Etiqueta: AELG
A AELG ofrece varios proxectos didácticos vinculados coas artes escénicas
Escena para Todas é un novo proxecto didáctico que ten como finalidade achegar o alumnado ao teatro desde as actividades que se desenvolven nas aulas. Ademáis, a AELG ofrece unidades didácticas relacionadas co teatro e encadradas no proxecto A vila imaxinada.
Ana Abad de Larriva gaña o primeiro Certame de Microteatro da Memoria
Entre as 22 obras presentadas a concurso resultou gañadora “Un biolo na noite”, peza de Ana Abad de Larriva sobre a rede de apoio e afectos das mulleres galegas na guerra e na posguerra. O xurado destacou “o artellamento espacial execelente, vencellando as atmosferas do monte e da natureza coa intriga dramatúrxica e a historia dos personaxes a través dun diálogo áxil e profundo”. Así tamén, a acta destaca a poética da autora no desenvolvemento da temática e “o emprego dos recursos teatrais que están fiados cun tratamento lingüístico excelente”.
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
Sobresida a causa contra Carlos Santiago
Carlos Santiago, dramaturgo e escritor, quedaba libre dos cargos polo suposto delito de ofensa contra os sentimentos relixiosos interposta pola asociación ultracatólica Abogados Cristianos, por mor do pregón de Entroido de 2018 de Santiago de Compostela. A resolución ratifica a desestimación da causa en primeira instancia en decembro de 2019 por non estar debidamente xustificada, por parte dos demandantes, a perpetración de tal delito.
Falece Lino Braxe, figura polifacética da cultura galega
Lino Braxe (Mugardos, 1962), director nos últimos anos do grupo teatral da asociación, falecía na súa casa de Coruña aos 58 anos. Ligado ao mundo da cultura galega, destacou como poeta na chamada Xeración dos 80, e a súa traxectoria levouno tamén á interpretación, aos medios de comunicación e ás artes plásticas.
V Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG
Desenvolverase do 20 ao 21 de novembro de 2020 en formato online. Organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, o patrocinio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña, baixo o título ‘As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias’. […]
A Asociación de Escritores rexeita participar no Plan de Reactivación da Xunta
A Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo público un comunicado no que critica as medidas do plan de reactivación cultural presentado pola Xunta de Galicia e rexeita participar nel. “Esta posición”, di o comunicado, “emana do convencemento de que estamos ante un plan que non vai redundar en beneficio da cultura galega, nomeadamente da […]
IV Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG na Coruña
O vindeiro 23 de novembro, terá lugar no Espazo Normal da Coruña (Paseo de Ronda, 47) a IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, unha actividade organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña […]
Aberto o prazo de recepción de propostas para o Festival Pezas dun Teatro do Porvir
Está aberto o prazo para a recepción de propostas para o Festival Pezas dun Teatro do Porvir. Procesos abertos de escrita dramática, que terá lugar no marco do IV Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG, Cartografías da palabra en acción. Trátase dunha convocatoria aberta a 6 proxectos de escrita dramática ou dramaturxia, individuais ou colectivos, […]
Finalistas dos Premios Gala do Libro Galego na categoría ‘Teatro’
Hoxe fixéronse públicos os finalistas dos Premios Gala do Libro Galego, organizados pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galiza. A entrega de premios será o vindeiro 11 de maio en Compostela. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito […]
As Xornadas de Literatura Dramática da AELG dedícanse ao teatro no Ensino
Este sábado 24 de novembro, a partir das 9:45, no Espazo Normal da Coruña (Paseo de Ronda, 47), e co apoio do Concello a través da Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento, da Deputación Provincial da Coruña e do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), comeza a terceira edición da Xornada da Sección de Literatura […]
Obradoiro de creación teatral con Afonso Becerra
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Concellaría de Acción Cultural de Compostela poñen en marcha un obradoiro de creación teatral impartido polo dramaturgo Afonso Becerra de Becerreá. Esta será a segunda edición do curso A palabra na dramaturxia posdramática. Trátase dun obradoiro de exploración e creación teatral, dirixido a actrices […]
III Xornada de Literatura Dramática da AELG
O próximo 24 de novembro, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co apoio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña, a Universidade da Coruña e CEDRO, organizan a III Xornada de Literatura Dramática baixo o título “A palabra teatral nas aulas”. Este ano, inclúe unha […]
‘Río Bravo’ de Chévere, gañadora dos Premios Gala do Libro Galego na categoría de Teatro
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) celebraron esta tardiña a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo […]
Isabel-Clara Simó, Escritora Galega Universal 2018
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ratificou Isabel-Clara Simó como Escritora Galega Universal 2018, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra, así como por ter defendido e defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional dos Països Catalans. O […]
A AELG e os Xestores Culturais manifestan o seu apoio a Carlos Santiago
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de emitir un comunicado de apoio e solidariedade co dramaturgo Carlos Santiago despois do seu pregón no entroido de Compostela que recibiu ataques “máis propios do absolutismo medieval e preconstitucional de comezos do s. XIX que dun tempo democrático como debería ser o actual”. A […]