Falar coas mozas e mozos de temas ‘tabú’ e próximos ás súas realidades. Iso é o que acada José Luis Baños de Cos coa súa peza ‘A cámara escura’, gañadora do III Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais. A través de diálogos áxiles, vertixinosos como os que se envían por WhatsApp, escritos nunha linguaxe actual, que non fai que o galego mingúe na súa calidade, pola contra, achégao a potenciais falantes, a neofalantes dos que estamos tan necesitados nestas franxas de idade. Crush, best friend forever, influencer, superlike… son termos que se mesturan con naturalidade co léxico propiamente galego, unha lingua actual, que medra e evoluciona.
Etiqueta: Afonso Becerra
Mouchos, curuxas, sapos e bruxas
Que nin a pandemia nin os poderes políticos nos volvan pechar os teatros! Eses lugares de encontro, onde o extraordinario é intensificado. Neste artigo de opinión, Afonso Becerra, director da erregueté | Revista Galega de Teatro, fai balance da reapertura dos espazos para as artes escénicas en Galicia.
Homilía breve sobre misa e teatros
Cultura e Culto semellan ter a mesma raíz, mais non son iguais, polo menos para a administración. Mentres os teatros, auditorios e centros culturais permanecen pechados nesta terceira vaga da pandemia da COVID-19, os lugares de culto continúan abertos. Podemos ir á misma, mais non ao teatro. Por que ocorre isto? Ata o de agora, o cancelo #aculturaésegura está a cumprirse.
Ímoste botar moito de menos, Pazos!
Non me gusta nada escribir obituarios, acho que ás persoas hai que quererlles de vivas e que debemos homenaxearnos todo canto poidamos mentres esteamos vivos. Penso que Xosé Manuel Pazos tamén era así, un home de moito traballar, pero tamén de moito desfrutar. Estar con el era, en certo sentido, incluso nunha reunión de traballo, unha festa. Porque era un tipo divertido, sen poses nin engolamentos.
Cuestión de egos
En Galiza tes que ir con coidado, case como se foses pisando ovos, para non ferir susceptibilidades nin egos, porque iso parece ser o que máis importa e pode foder ou dificultalo todo. O ego vén a ser como a leiriña, ten uns marcos e nin se che ocorra rozalos ou movelos un pouco.
Vinte e case non dou creto (parte II)
Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
V Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG
Desenvolverase do 20 ao 21 de novembro de 2020 en formato online. Organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, o patrocinio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña, baixo o título ‘As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias’. […]
A erregueté presenta o número 99
A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020.
O FETEGA presenta o programa da súa 31ª edición
O Festival de Teatro Galego – Celso Parada vén de presentar o programa da súa trixésimo primeira edición que se desenvolverá no Carballiño do 23 ao 26 de setembro. Oito espectáculos e un abano de actividades entre as que se atopa a animación de rúa, as lecturas dramatizadas e dúas mesas redondas sobre igualdade configuran […]
No confín de… Afonso Becerra
Afonso Becerra de Becerreá é dramaturgo, docente e un dos críticos e estudos teatrais máis destacados de Galicia. Colaborador habitual da Erregueté e da revista Artezblai, acadou o Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais 2001 por Agnus Patris. O libro que tes sobre a mesa de noite. Teño unha morea deles, que vou lendo […]
Afonso Becerra presenta en Lisboa ‘Confio-te o meu corpo’
Afonso Becerra presentará en Lisboa, o vindeiro 19 de xaneiro, o seu libro Confio-te o meu corpo. A dramaturgia pós-dramática (Através Editora). O acto terá lugar no Teatro da Politécnica, as 18:30, e Jorge Silva Melo, director de Artistas Unidos, exercerá de anfitrión presentando e comentando a obra. Ademais, participarán a investigadora en artes performativas […]
Presentación do #Corufest na Coruña
#Corufest nace na Coruña como un Festival de Artes Escénicas que aposta pola programación de accións que dean visibilidade á liberdade afectivo-sexual e que sexa lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social. Esta primeira fin de semana de novembro preséntase un aperitivo da primeira edición, con eventos que se desenvolverán no Teatro Colón da […]
Obradoiro de creación teatral con Afonso Becerra
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Concellaría de Acción Cultural de Compostela poñen en marcha un obradoiro de creación teatral impartido polo dramaturgo Afonso Becerra de Becerreá. Esta será a segunda edición do curso A palabra na dramaturxia posdramática. Trátase dun obradoiro de exploración e creación teatral, dirixido a actrices […]
Libros: novidades
Dramaturxia Galega Actual, A Feira Edicións. Un volume que recolle catro obras: Dramaturxia das Mulheres (Inherente Teatro), Tras Tannhäuser (Ernesto Is), Loló e Mamá (Esther F. Carrodeguas) e A enterradora (Miguel Sande), esta última gañadora do I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual, convocado pola compañía Feira do Leste, que é tamén a responsable […]
Programa especial “3×3” no Auditorio de Vigo
Actualizado: Por enfermidade dun dos actores cancélanse as funcións de Unha rosa entre as pernas” da compañía Teatro En Punto previstas para mañá venres 16 e sábado 17 de marzo, enmarcadas dentro do programa especial 3×3. Os outros dous espectáculos previstos mantéñense co mesmo horario a un prezo de 6 €. Esta fin de semana, […]
Cara a un diágnostico das Artes Escénicas en Vigo
Hoxe mércores 17 de xaneiro, ás 19.30 horas, na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), o Ateneo Atlántico propón un novo “Estado da cuestión”, neste caso sobre as artes escénicas en Vigo. O formato do Estado da Cuestión consiste na presentación de cada palestrante facendo un diagnóstico de 5 minutos […]