Bajazet | Castorf

Bajazet, considerando o Teatro e a Peste

Ao longo das catro horas que dura a representación de Bajazet, considerando o Teatro e a Peste, o director berlinés Frank Castorf ofrécenos un continuo xogo de ilusións sobre as táboas. Esas ilusións que nos fan ver oasis onde só hai dunas, cidades amuralladas en vez de rochas, persoas no canto de sombras. O mesmo tipo de ilusións que quero atopar cada vez que sento nunha butaca e as luces da sala se apagan.