Coa intención de reforzar a presenza do teatro e da literatura dramática entre o público adolescente, a erregueté colabora coa Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo coa edición dos textos premiados. Do 25 ao 27 de abril, o Colexio Eduardo Pondal de Cangas acolle a XXII Mostra de Teatro de Ensino Secundario […]
Etiqueta: Cándido Pazó
Nova Galega de Danza, IlMaquinario e Cándido Pazó, candidatos aos Premios Max
Nova Galega de Danza e o seu espectáculo Son encabeza a lista de candidatos galegos con cinco candidaturas. | Foto: Moncho Fuentes | Nova Galega de Danza e o seu espectáculo Son optan a cinco Premios Max das Artes Escénicas: mellor espectáculo de danza, mellor coreografía (Jaime Pablo Díaz, Carlos Rodríguez, Carmelo Segura), mellor composición […]
Unha quincena de artistas participan na Gala Inaugural do Festival Atlántica
O espectáculo será este mércores no Teatro Principal a partir das 20:30 horas, e será retransmitido en directo por Open Radio a través da súa web Como en anos anteriores, o Festival Atlántica volve celebrar a súa tradicional Gala Inaugural na que se xuntan boa parte dos narradores que participan no encontro. Nesta edición o […]
‘A Galiña Azul’ de Tanxarina, Mellor Espectáculo de Títeres en Feten 2018
A obra A galiña azul de Títeres Tanxarina foi galardonada co Premio ao Mellor Espectáculo de Títeres no FETEN (Feria de Teatro Para Niños y Niñas) de Xixón. A obra –unha adaptación do conto de Carlos Casares con texto e dirección de Cándido Pazó– combina en escena técnicas de manipulación de bonecos e a presenza […]
Caramuxo Teatro e Títeres Tanxarina estarán en FETEN 2018
Os espectáculos Redondo, de Caramuxo Teatro e A galiña azul, de Títeres Tanxarina, foron seleccionadas para participar en FETEN, a Feria de Teatro para Niños y Niñas de Xixón, que desenvolverá a súa 27º edición do 18 ao 23 de febreiro de 2018. Esta Feira consolidouse como unha referencia internacional en teatro infantil e familiar. […]
Il segreto di Susanna
Desexar por conta allea | Manuel Xestoso | |Foto: L. Soto | Un intermezzo, unha peza de apenas unha hora que nos deixa albiscar como sería gozar dunha programación de ópera digna de tal nome en Galicia. Máis alá da Coruña, non existe nada parecido (e aínda alí as cousas son moi diferentes de como […]
Unha ópera reúne a Cándido Pazó e o Taller Atlántico Contemporáneo
‘Il segreto di Susanna’, de Enrico Golisciani e Ermanno Wolf-Ferrari, estrearase o vindeiro 16 de decembro no Teatro Principal de Santiago. A dirección escénica recae en Pazó, que actuará xunto á soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e o barítono galego Javier Franco. Diego García será o director musical A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago […]
Incendios, Premio do Público do FIOT 2017
O espectáculo de Ysarca e Teatro de La Abadía, protagonizado por Nuria Espert, obtivo unha nota de 4,86 sobre 5. A coprodución do FIOT e Contraproducións, Fillos do Sol, logra un gran éxito de audiencia e a terceira mellor nota do público cun 4,6 Incendios, a obra de Ysarca e Teatro de la Abadía […]
A galiña azul
A inocencia e a inxenuidade | Manuel Xestoso | Non é o mesmo a inocencia que a inxenuidade. Contar dende a inxenuidade lévanos a ignorar o conflito; contar dende a inocencia significa enfrontar o conflito cuns ollos despoxados de prexuízos. E de prexuízos fala A galiña azul: dende unha inocencia que linda co candor […]
Nacidas libres
Non é tan fácil | Manuel Xestoso | | Foto: ProLight Estudio | Quizais o máis interesante de Nacidas libres sexa que, sen que se note demasiado, pon en cuestión un dos mitos máis incardinados na sociedade actual: o da liberdade. Da liberdade falan hoxe moito algúns políticos, moitos xornalistas e, sobre todo, a publicidade. […]
O tolleito de Inishmaan
O mito e o fracaso | Manuel Xestoso | | Foto: Raúl Lorenzo | Irlanda non debe ser tan mal sitio cando unha morea de compañías galegas a escollen para situar nela as súas montaxes. De feito, Irlanda é o lugar ideal para falar de Galiza sen ter que mencionala. Aos galegos, en […]
Foucellas
Esperanza e derrota | Manuel Xestoso | Hai derrotas que constitúen triunfos morais. E tamén hai vitorias pírricas. Ambas parécense moito. Administrar o éxito ou o fracaso dunha iniciativa debe contar con esas dúas posibilidades de relación entre o pragmático e o ético, especialmente cando se trata dunha empresa política. Non sempre paga […]
A Canoa
A violencia e o discurso | Manuel Xestoso | Existe a violencia e existe a forma en que se narra a violencia. A forma do relato inflúe no xeito en que asimilamos o relatado. Dicir “violencia domestica”, por exemplo, non explica as mesmas cousas que dicir “violencia machista”. Hai unha amálgama de connotacións implicadas […]
A casa do avó
Didactismo indignado | Roi Vidal Ponte | Moitas veces teimamos en trazar fronteiras que non existen e que continuan sen estar claras por moito que calquemos. As fronteiras entre o que é infantil e o que é adulto son desas que xeneran debate e pataletas. O espectáculo A casa do avó de Tanxarina preséntase […]
Xardín suspenso
Ela segue aí | Camilo Franco | A familia é un muro de cristal. Translúcido. Vense os movementos, pero non se saben as intencións. Nin as boas, que son as peores. Esa é a paisaxe: universal, cotián. É demasiado familiar para ser irrecoñecible, demasiado familiar para que poidamos entendela. A familia nace, o resto é […]