Será hoxe ás 20.00 horas no Salón Teatro. Trátase dunha peza que reflexiona arredor da última etapa da vida protagonizan e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual.
Etiqueta: CDG
Galicia Escena PRO 2021 abre o prazo de presentación de propostas artísticas
O mercado abriu hoxe, e ata o vindeiro 20 de abril ás 15.00 h., o prazo de presentación de propostas cara á configuración do seu programa de exhibición que, como en edicións anteriores, incluirá tanto espectáculos en formato completo como os proxectos que as compañías avanzarán nas sesións de pitching. O rexistro debe realizarse a través dos formularios en liña da web www.galiciaescenapro.gal.
Elisa e Marcela
Elisa e Marcela é xa historia do teatro galego, e de certo debería selo tamén do teatro nacional. É unha peza que hai que ver polo menos unha vez na túa vida, porque non importa a historia, non importa o interese que un poida ter no mito de Elisa e Marcela, senón como se nos conta esa historia. Iván Fernández está seguro de que se hoxe as mesmas Elisa e Marcela puideran ver o que A Panadaría fixo coa súa aventura vital, estarían máis que orgullosas e darían cada palabra por ben falada.
A AGADIC lanza as axudas á creación 2021 e impulsa unha bolsa de dramaturxia co CDG
Esta semana, coincidindo cos actos de celebración do Día Mundial do Teatro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, e os seus órganos depentes, AGADIC e Centro Dramático Galego (CDG), abriu o prazo para que as compañías de artes escénicas soliciten as axudas á creación deste ano, así como unha convocatoria para a recepción de proxectos de escrita dramática coa fin de desenvolver unha dramaturxia que será coproducida polo teatro público.
Salvador
Salvador, o espectáculo de Borja Fernández arredor do seu avó Benito, é un monumento á memoria. Así o define Iván Fernández nesta análise dunha das montaxes máis interesantes da escena galega dos últimos anos.
O charco de Ulises
Atendendo á estrutura superficial, á tona textual, O charco de Ulises efectivamente pode entenderse como unha versión libre da Odisea homérica. Mais logo, cando nos debruzamos no texto, atentos a como se articula ese traspaso ao “contexto transatlántico”, comprobamos, na nosa lectura, que a tal versión vai alén do anunciado, moi especialmente ao mesturar dous cronotopos (marco espazo-temporal dunha determinada narrativa), ben diferentes: o que lle é propio á vella narrativa homérica e o que derivaría dos contos e historias, mesmo personaxes, da emigración galega, coa súa propia épica. Por iso dicimos nós que se trataría dunha versión “libérrima”. E nese confronto de cronotopos, tamén abrollan os propios da persoa que se aplica na lectura, coas súas expectativas e coa súa historia persoal.
Anómico Teatro estrea ‘Anxos abandonados en mosaicos despois do combate’ en Vigo
Este novo proxecto de Anómico Teatro, con texto, espazo, iluminación e dirección de Julio Fernández e con Xosé Manuel Esperante en escena, preséntase no Auditorio Municipal mañá e o sábado, ás oito da tarde.
O Colectivo RPM convoca unha nova edición das Residencias Paraíso
As Residencias Paraíso, convocadas polo Colectivo RPM, pretenden fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar. Normalizar o concepto de residencia artística resulta fundamental para o presente e o futuro das políticas culturais en Galicia, significa atender e respectar o espazo e o tempo adicado á investigación artística, o verdadeiro xerme de todo o que virá.
Chévere recupera a memoria de Vite co proxecto Dramawalker
Saír dos teatros á procura da memoria urbana das cidades e comunidades de proximidade. Unha experiencia que toma como punto de orixe as artes escénicas, a pegada do teatro radiofónico e o teatro comunitario para explorar as posibilidades das narrativas espaciais ou artes locativas, todas aquelas prácticas nas que o relato se constrrúe en relación a lugares polos que temos que transitar para poder acceder ás distintas partes da historia. Esta é a definición do proxecto Dramawalker que o Centro Dramático Nacional (CDN) vai desenvolver con outros teatros e compañías nacionais e internacionais, entre os que se atopan o Grupo Chévere e o Centro Dramático Galego (CDG).
O CDG presenta o programa de creación ‘Residencias cruzadas’
Nun momento no que as exhibicións están suspendidas por mor das restricións derivadas da pandemia COVID-19, o Centro Dramático Galego pón á disposición das compaías e creadoras/es galegas/os, un espazo para o encontro, a reflexión e a investigación no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Salvador Forján: “Eu sei moito de teatro, os actores e directores tamén, pero non permito que ninguén asoballe a ningún compañeiro nin a min”
Oficios do Teatro é a nova sección audiovisual da erregueté | Revista Galega de Teatro coa que queremos salientar o traballo das e dos profesionais da escena galega. Fran Peleteiro, o seu coordinador, recupera esta entrevista inédita de 2017 realizada a Salvador Forján, encargado de maquinaria escénica da AGADIC e técnico residente no Salón Teatro do CDG.
A emotiva despedida de Manuela, a secretaria do CDG
A secretaria de dirección do CDG deixaba a institución para xubilarse despedíndose cunha fermosa carta que recorda os últimos 35 anos de producións que pasaron polo Salón Teatro.
Adeus ao ‘Alcalde do Teatro’: morre Xosé Manuel Pazos Varela
Home de teatro, o pasamento de Xosé Manuel Pazos Varela deixa un gran baleiro nas artes escénicas de Galicia. Tradutor, dramaturgo, produtor e mesmo actor, foi fundador da MITCF de Cangas e de Teatro de Ningures, ademais dun referente da actividade cultural da vila do Morrazo, da que foi o seu alcalde.
O CDG estrea este domingo a canle de teatro en liña con ‘O charco de Ulises’
A produción propia, O charco de Ulises, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, será a primeira emisión en liña que o público poderá desfrutar de maneira gratuita e con interpretación en linguaxe de signos.
O charco de Ulises
O Charco de Ulises inicia un novo capítulo na historia do Centro Dramático Galego con Fran Núñez como director. Despois da seca laboral que vivimos no esquecible 2020, este 2021 iníciase coa esperanza de recuperar, aos poucos e non sen certo temor, a “vella normalidade” no noso sector. O novo director do CDG parece apostar firmemente por producións ambiciosas que integren ás/aos traballadoras/es da escena galega, tanto aquelas/es máis consolidadas/os coma as novas voces.
O CDG estrea ‘O charco de Ulises’, primeira produción do 2021
O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 14 de xaneiro ás 20.00h a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que marca o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución.
Vinte e case non dou creto (parte II)
Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
Medida x Medida
A montaxe de Excéntricas teno todo para triunfar: unha produción coidada, un elenco excelente e preparado, unha intelixente disposición de accións cómicas e físicas herdadas do circo e da Commedia dell’Arte (executadas por un Víctor Mosqueira con aire a Charlot), mesturadas co que poderiamos denominar “typical TVG comedy act” (onde reina a actriz Patricia Vázquez) e áxiles cambios de personaxes para os actores e actrices, unha estudada posta en escena con xogos de espazo a través dunhas reixas versátiles, un estupendo manexo da iluminación (deseñada por Dani Juncal) e a combinación de números musicais (teño que salientar a fermosa voz de María Costas, por certo, unha Mariana doce e delicada), onde todos participan.
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
O CDG emitirá espectáculos en liña grazas a un novo sistema de streaming
Esta instalación, que equipara o Salón Teatro con outros espazos internacionais, está composta por catro cámaras con calidade 4k e permitirá documentar as montaxes e a súa difusión.
Falece Lino Braxe, figura polifacética da cultura galega
Lino Braxe (Mugardos, 1962), director nos últimos anos do grupo teatral da asociación, falecía na súa casa de Coruña aos 58 anos. Ligado ao mundo da cultura galega, destacou como poeta na chamada Xeración dos 80, e a súa traxectoria levouno tamén á interpretación, aos medios de comunicación e ás artes plásticas.
Incendiaria impartirá un obradoiro de creación escénica en Cangas
O espectáculo Microspectivas dun marica millennial será o punto de partida desde o que a compañía Incendiaria desenvolverá en Cangas o curso de creación escénica ‘A creación do anticorpo’ os días 18 e 19 de decembro. Esta coprodución do Centro Dramático Galego, estreada precisamente no Auditorio Municipal da vila do Morrazo, é unha reflexión sobre a infancia e a creación desde a perspectiva dun artista LGTBIQA+. O proxecto xestouse no marco das III Residencias Paraíso que cada ano convoca o Colectivo RPM.
Esta revista non é miña
Queremos reforzar o espazo de pensamento, reflexión e difusión sobre algunhas modalidades escénicas minorizadas na nosa contorna, como é o caso da danza contemporánea e das artes circenses, os títeres e o teatro de figuras, tamén o do teatro contemporáneo fincado no amplo espectro das dramaturxias posdramáticas.
Primeiras imaxes de ‘O charco de Ulises’ a nova produción do CDG
‘O charco de Ulises’ é a primera das tres producións propias desta temporada do Centro Dramático Galego e o Salón Teatro está sendo estes días o escenario dos seus ensaios. Santiago Cortegoso e Marián Bañobre dirixen esta versión libre da ‘Odisea’ de Homero.
Ártika estrea ‘Cambio de Foco’ en coprodución co Centro Dramático Galego
En Cambio de Foco tres equipos artísticos de diferentes xeracións e con tres xeitos distintos de ver o teatro amosan a súa visión sobre un mesmo texto. O obxectivo deste laboratorio é tender unha ponte entre a creación e o público. Completan o programa de coproducións os proxectos Outras miradas de Teatro Ensalle e Clásicas desfeitas de Nononon.lab.