Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
Etiqueta: Centro Dramático Nacional
Siglo mío, bestia mía
A montaxe de Pazos, afástase das reinterpretacións dos clásicos ás que nos ten acostumados nos últimos anos. O respecto ao texto é case escrupuloso e as atmosferas de son, auga, fume e luz crean momentos de enorme beleza que reforzan toda a simboloxía da peza.
Esther Carrodeguas formará parte das residencias dramáticas do CDN
O obxectivo desta colaboración continuada, que se levará a cabo entre os meses de decembro de 2020 e xuño de 2021, é a creación dun novo texto teatral e a participación de maneira activa nas diferentes actividades do CDN.
Voadora estreará ‘Siglo mío, bestia mía’, dirixida por Marta Pazos, no Centro Dramático Nacional
Siglo mío, bestia mía é a primeira das estreas que a compañía galega ofrecerá na tempada 2020/2021, na que leva á escena o seu terceiro Shakespeare, Othello, e na que renova completamente a súa identidade visual. | Foto: Vane Rábade | Voadora comeza a tempada escénica 2020/2021 cunha estrea de primeiro nivel. A compañía […]
Voadora estrea unha peza de videocreación para o CDN
Durante os días 7 e 8 de maio, a compañía Voadora abordou a filmación –cos protocolos de seguridade establecidos polo goberno– do traballo de videodanza, Soy una humana, dirixida por Xosé Díaz, protagonizada por Carmen Triñanes e na que Marta Pazos, a directora da compañía, pon voz a un tema musical composto polo propio Díaz. […]
Voadora leva ao Centro Dramático Nacional ‘Siglo mío, bestia mía’
A compañía Voadora presentará en coprodución co Centro Dramático Nacional o espectáculo Siglo mío, bestia mía do 22 de abril ao 31 de maio de 2020. Así se anunciou dentro da presentación da temporada 2019-2020 do CDN que inclúe 40 producións estatais e internacionais, xornadas e lecturas dramatizadas. Baixo a dirección de Marta Pazos, Voadora […]
Desaparece a Mostra de Teatro Clásico de Lugo
A Mostra pasa a diluírse na programación ordinaria como un abono de só catro espectáculos entre febreiro e maio. A noticia máis destacada da temporada cultural de Lugo para este semestre é, sen dúbida, a desaparición da Mostra de Teatro Clásico como tal, e a súa disolución na programación teatral ordinaria. A Mostra, que […]
Vigo presenta a súa programación para o outono
O venres 28 e o sábado 29 de setembro arranca a programación municipal de artes escénicas e musicais, VIGOCULTURA, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro, organizada pola Concellería de Cultura. Trátase do Mago Dani Gacía que realizará pasarrúas pola rúa do Príncipe, rematando co seu espectáculo Don Gelati diante das escaleiras do Marco. […]
La piedra oscura
A emoción fainos inxenuos | Camilo Franco | Para que as cousas teñan peso hai que cebalas. Hai quen ceba a sociedade con medo, hai quen ceba o porvir -que palabra- con esperanza e hai quen ceba con interese todas as súas ambicións. Hai quen ceba as emocións e funciona. O emotivo, en […]
Atlas de geografía humana
A progresía ensimesmada e o teatro decorativo | Camilo Franco | Ultimamente miro arredor e parece que hai moita xente que presume de intelixencia e que non percibiu que o ciclo cambiou. Ou se o percibe, segue mirando a outro lado a ver se non pasa nada. Pásalle a algunha xente de pretendido bo […]