Sobresemento da causa contra Carlos Santiago

Sobresida a causa contra Carlos Santiago

Carlos Santiago, dramaturgo e escritor, quedaba libre dos cargos polo suposto delito de ofensa contra os sentimentos relixiosos interposta pola asociación ultracatólica Abogados Cristianos, por mor do pregón de Entroido de 2018 de Santiago de Compostela. A resolución ratifica a desestimación da causa en primeira instancia en decembro de 2019 por non estar debidamente xustificada, por parte dos demandantes, a perpetración de tal delito.

Roberto Salgueiro gaña o IV Torneo de Dramaturxia de Galicia na Mostra de Teatro de Cangas

O concurso rematou coa presentación oficial dos textos que participaron nas tres edicións anteriores do Torneo de Dramaturxia, publicados por Edicións Positivas. | Foto: Pro Light Estudio | A Sala de exposicións do Auditorio de Cangas acolleu a cuarta edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia, unha actividade que se consolida como unha aposta firme […]

As asociacións profesionais apoian a manifestación a prol dos medios públicos

A Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Profesionais da Dirección e da Realización de Galicia (CREA), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Músicas ao Vivo, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), […]

Asociacións profesionais únense nun comunicado de apoio a Iria Pinheiro

Varias asociacións profesionais fixeron público un comunicado no que non só se solidarizan coa actriz Iria Pinheiro despois de que esta denunciase acoso por parte dun director dun programa no que participaba: tamén propón un “proceso de reflexión colectiva” que permita a adopción de protocolos para a prevención do acoso sexual e para a actuación en […]