Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
Etiqueta: ESAD
Presentadas as ‘Dramaturxias Itinerantes’ de 2020
As dramaturgas seleccionadas nesta tercera edición foron a galega Clara Gayo e a portuguesa Cláudia Lucas Chéu, dúas autoras nadas na década dos anos setenta que presentaron dous textos que nos mergullan nas dimensións máis escuras da condición humana nuns intres e que nos interpelan de xeito singular nestes intres tan difíciles que estamos a vivir.
O Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa presentou a súa temporada 2020-2021
O Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa vén de presantar os espectáculos e iniciativas da próxima temporada que se desenvolverá de setembro de 2020 a xullo de 2021. Ademais de novos espectáculos e festivais que acolle, o programa inclúe os espectáculos cancelados a causa da pandemia da covid-19. Máis de trinta propostas de creación […]
Convocadas as probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aproba as resolucións polas que se convocan as probas de acceso para as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2020/21. As devanditas resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia o vindeiro 17 de xuño. A inscrición nas probas de acceso pódense presentar desde o […]
A AAAG apoia as reivindicacións das alumnas da ESAD contra o acoso sexual e os abusos
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección de escena, vén de facer público un comunicado no que amosa o seu pleno apoio ás reivindicacións e mobilizacións das alumnas da ESADg (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia), secundadas polo […]
As profesoras sumanse á protesta contra o acoso sexual na ESAD
As profesoras da ESAD veñen de facer público un manifesto contra o acoso sexual e en solidariedade co alumnado, no que lles esixen ás autoridades educativas “que tomen as medidas pertinentes á maior brevidade”. As profesoras da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia súmanse ás protestas do alumnado que desde o luns 2 […]
O alumnado da ESAD paraliza a actividade do centro por ter detectado “abusos de poder e acoso”
O pasado luns 2 de marzo, alumnas da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, co apoio do resto do alumnado, iniciaron unha protesta pacífica e multitudinaria que a día de hoxe, segue paralizando a actividade do centro. Esta protesta xorde a raíz do descontento no alumnado, que afirma ter detectado diferentes formas de abuso […]
Oliver Laxe compartirá os seus coñecementos sobre guión na ESAD de Galicia
Laxe compartirá a súa recente experiencia como actor teatral da man de Angélica Lidell, coa que colabora na peza Padre, que se encontra agora mesmo de xira en Francia. O afamado director e guionista Oliver Laxe atracará en Vigo o vindeiro xoves 20 de febreiro ás 16:30 para compartir a súa maneira de entender […]
Novo encontro entre as dramaturxias galega e portuguesa no Consello da Cultura
O martes 1 de outubro, ás 18:30, no Consello da Cultura Galega, en Compostela, terá lugar a lectura dramatizada de dous textos de Ana Carreira e Joana Craveiro que continúan o programa “Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes” iniciado o ano pasado. O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Português em Vigo e a Escola Superior […]
A ESAD celebra o Dia dos Museos en Pontevedra
A ESAD presenta un proxecto pedagóxico baseado na coreografía de Pina Bausch para A Consagración da Primavera de Stravinski. Cada ano desde 1977, o ICOM organiza o Día Internacional dos Museos (DIM), cuxo obxectivo é concienciar sobre a importancia dos museos como lugar para o intercambio cultural, o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e […]
Encontro entre as dramaturxias galega e portuguesa
O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Portugués en Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia poñen en marcha o programa Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes, que ten por obxectivo servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que […]
A ESAD de Galicia convoca o VI Premio “A Pegada de Microdramas”
A ESAD de Galicia, desde o seu Servizo de Dinamización Lingüística, desexa promover a creación dramática en galego, no formato do microdrama, contribuíndo así á recuperación do formato de radio-teatro en Galicia. Farao en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais. A entrega do premio terá lugar o 27 de marzo de 2019, Día Mundial […]
Charla de João Pedro Mamede na ESAD
Mañá, 5 de outubro, ás 16:00, na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e en colaboración co Instituto Camões, terá lugar unha conferencia de João Pedro Mamede, actor e director portugués que charlará co alumnado da escola sobre o traballo de actor. “Entre proxectos” é unha expresión comunmente usada para designar o período en […]
As Artes Escénicas galegas queremos ser universitarias, por Sandra Núñez Figueroa
| Sandra Núñez Figueroa, Presidenta da Delegación de Alumnado da ESADg | Despois dunhas semanas de non parar –coma todas as persoas que tentan achar un oquiño ou continuar neste “mundo do teatro”, xa que estamos en continua supervivencia–, sento por fin diante do ordenador e repaso todo o acaecido até agora nestas semanas de […]
As mobilizacións da ESAD logran unha rectificación nos recortes á Escola
Despois de tres días de folga e concentracións en Vigo, Pontevedra e Compostela, a Xefatura Territorial de Educación rectifica e vén de aceptar algunhas das demandas da comunidade educativa da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD). Nunha reunión celebrada o pasado venres entre a dirección do centro e unha delegación da Inspección Educativa acadáronse tres […]
Comunicado da AAAG en solidariedade coa ESAD
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que representa a gran maioría do sector da interpretación e da dirección de escena do país, amosa a través deste comunicado todo o seu apoio á comunidade educativa da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD). O cadro de persoal convocou entre o […]
Folga na ESAD para esixir a restitución do profesorado
Despois da aprobación maioritaria dos seus traballadores e traballadoras, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia convoca, para a semana que vén, tres días de folga en protesta porque nos últimos dous anos se consumara a perda de seis postos de traballo. En concreto, para este curso académico a dirección do centro reclamaba tres […]
A ESAD de Galicia denuncia os recortes da Consellería de Educación
A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia emite un comunicado no que se denuncia o “insoportable recorte de persoal docente” e esixe a reposición nos seus postos dos seis docentes excluídos nos dous últimos anos. Reproducimos o texto a continuación. O claustro de profesores e os representantes do alumnado da Escola Superior de Arte […]
Escénika 2018. Cursos de verán na ESAD de Galicia
Seguindo coa colaboración de anos anteriores entre a FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia para a realización de cursos de verán, achégase a seguinte proposta de cursos: Curso 1. Caracterización, indumentaria e audiovisuais para a escena Do 2 ao 6 de xullo (30 horas) Horario: De 9:00 […]
Lalín acolle o Festival Transfronteirizo de Teatro Amador
Os días 1, 2 e 3 de xuño o Salón Teatro de Lalín acolle o Festival Transfronteirizo de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado dentro das actividades anuais da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador que integra a propia FEGATEA xunto coa Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, a […]
“O señorito da Reboraina” en Redondela
Hoxe preséntase unha versión dramática de O señorito da Reboraina, de Ramón Otero Pedrayo, no Auditorio Multiusos de Redondela. A adaptación dramática, versionada por Vanesa Sotelo, débese ao alumnado e profesorado da Escola de Arte Dramática (ESAD) en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística de Redondela. Trátase dun espectáculo realizado a través da integración do alumnado de […]
A AAAG organiza dous cursos de formación a cargo de Teatro en Vilo
A AAAG (Asociación de Actrices e Actores de Galicia) organiza, coa colaboración da Escola de Arte Dramática de Galicia e AISGE (Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión), dous cursos de formación, a cargo da compañía Teatro En Vilo, en Compostela e Vigo. No caso do curso de Vigo, o laboratorio/taller impartirase durante os días 6, 7 […]
Premio Fegatea para a ESAD Galicia
A Xunta Directiva da Federación Galega de Teatro Afeccionado acordou, por unanimidade, concederlle o Premio FEGATEA á Animación Teatral, na súa quinta edición, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, pola súa continuada e destacada colaboración coa federación e co teatro amador en xeral . A FEGATEA, que agrupa a arredor de 50 grupos de teatro amador […]
XX Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo
Este mércores arranca no campus de Vigo a programación cultural de primavera 2018 coa Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, como prato forte, un clásico do calendario universitario que este ano cumpre vinte anos traendo á cidade exemplos do teatro feito nas aulas de ensino superior, tanto europeas como doutros continentes. A mostra traerá ao campus […]
Premio ‘A Pegada de MicroDramas’
A ESAD de Galicia, desde o seu Servizo de Dinamización Lingüística, desexa promover a creación dramática en galego, no formato do microdrama, contribuíndo así á recuperación do formato de radio-teatro en Galicia. Farao en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais. A entrega do premio terá lugar na data posta pola Escola Superior de Arte […]