Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego.
Etiqueta: Esther Carrodeguas
Vinte e case non dou creto (parte II)
Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
Prendendo Butacas: teatro desde a casa este Nadal
Dadas as complicacións na evolución da pandemia COVID-19 en Pontevedra, a Deputación pon en marcha o programa Prendendo Butacas que conta oito funcións de teatro en liña de compañías fundamentais da provincia.
Titiriberia 2020: o festival de títeres tradicionais comeza en Rianxo
O Festival Titiriberia celebrará a súa quinta edición na vila de Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. Un total de doce funcións conformarán o programa deste ano, no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros.
Esther Carrodeguas formará parte das residencias dramáticas do CDN
O obxectivo desta colaboración continuada, que se levará a cabo entre os meses de decembro de 2020 e xuño de 2021, é a creación dun novo texto teatral e a participación de maneira activa nas diferentes actividades do CDN.
Carme Varela gaña o Premio Álvaro Cunqueiro e Esther F. Carrodeguas e Carlos Losada-Galiñáns, os Barriga Verde para monicreques
‘As desterradas’, ‘República Sideral’ e ‘Pois eu!’ son as obras premiadas; mentres que o XI Premio Manuel María de literatura dramática infantil declarouse deserto. Carme Varela obtivo coa peza As desterradas o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais na súa vixésimo quinta edición. O xurado dos premios literarios, convocados bienalmente a través da Axencia Galega das […]
De Ste Xeito estrea ‘Feminíssimas’
Arranca a súa xira hoxe no Auditorio Municipal de Vigo. Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Tres amigas que teñen tres maneiras ben distintas de entender o feminismo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Esta é a base de Feminíssimas, unha […]
Programemos a tope!
Son tempos complexos, acaso interesantes como di o outro (outra, outre, outrx). Son tempos para andar á espreita de case todo. Cando non miras a prensa por un día, xa pecharon unha cidade, cancelaron unha programación completa e subíronlle o IVE ao Kas de Laranxa. O outro día por teléfono faláronme dunha novidade do DOG […]
A erregueté presenta o número 99
A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020.
O Teatro Español de Madrid estreará unha versión en castelán de ‘Voaxa e Carmin’ de Esther Carrodeguas
O teatro madrileño tamén inclúe na súa programación a montaxe Fariña, de Ainé producións, dirixida por Tito Asorey. A directora artística do Teatro Español, Natalia Menéndez, presentou hoxe a nova programación despois do período de confinamento baixo o lema La vida reflejada. Oitenta proxectos integran o cartel que inclúe a estrea do texto de […]
O teatro será protagonista do FLIV20 con lecturas dramatizadas e debates
As artes escénicas serán protagonistas na primeira edición do FLIV20, o I Festival Virtual do Libro de Galicia, un festival que contra as circunstancias quere dar visibilidade as letras e as autoras de Galicia e que, de xeito virtual, se celebrará entre os días 26 e 28 de xuño no enderezo web www.fliv.gal. Consciente […]
Conversas In-certas sobre o futuro da programación teatral
A erregueté e ZonaZero inician un ciclo de conversas dixitais sobre teatro totalmente gratuíta para as persoas interesadas. A primeira destas series, moderada por Esther F. Carrodeguas, xirará en torno á programación teatral en tempos pospandémicos. Son tempos incertos, e acaso por iso precisamos máis que nunca comunicarnos, aínda que sexa para falar de […]
Diario de cativerio. Día 50, por Esther Carrodeguas
| Esther Carrodeguas | Hai algo máis de dez anos (ano de 2009) comecei a traballar como estatua na rúa. Era algo que sentía que tiña que facer. Tanto que, cando por fin me puxen, foi unha experiencia bastante profunda (sentín que iso era o que eu era: esa quietude). Sentín Volver. Foi unha […]
No confín de… Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira
Ela, dramaturga e actriz; entre as súas pezas destacan Voaxa e Carmín (Premio Abrente de Textos Teatrais 2015) ou Na butaca. El, director e docente; as súas últimas montaxes son #camiños e Despois das ondas. Xuntos, a compañía ButacaZero. Os libros que tendes sobre a mesa de noite. Carrodeguas: De lo sublime de Longino, […]
Diario de cativerio. Día 41, por Esther Carrodeguas
| Esther Carrodeguas | Non poucas veces as novas parecen sacadas de El Mundo Today. Acontece. E non queda máis remedio que poñer a man sobre a fronte, como a icona de wasap. Que millóns de hoteis e casas estean baleiras mentres amoreamos persoas en pavillóns, por exemplo, dá para unha viñeta. E que […]