Golem

Teatro 2.0   | Manuel Xestoso | | Foto: Bernhard Mueller |   É unha parábola de significado obvio: o Golem é ese ser mitolóxico que, creado a partir da materia inerte, foi concibido para servir ao ser humano e, ao final, acaba xerando máis problemas dos que resolve. O mito da tecnoloxía (ou, máis concretamente, […]

Moeder

Estrañamento e fascinación da mirada | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Oleg Degtiarov |     Coa lóxica do estrañamento do soño e o pracer pola perturbación da realidade dentro dunha proposta hiperrealista, a compañía belga Peeping Tom abre as portas do museo no que encadra Moeder, o segundo espectáculo da triloxía formada por […]

A conferência dos pássaros

A beleza do real | Manuel Xestoso |     Ornitólogos e sufís comparten a convicción de que o ceo se atopa na terra, de que aos seres alados é máis doado atopalos no universo tanxible que en ningún paraíso post-mortem. A conferência dos pássaros baséase nun relato místico persa no que as aves se […]

Pinocchio

A verdade é máis sórdida que a existencia | Manuel Xestoso |     “O máis importante é vivir na verdade” advirte ao principio do espectáculo o inquietante mestre de cerimonias que adopta o papel de Pepe Grilo, de conciencia. Mais a sociedade axiña impón a súa ambigüidade e desvela as dificultades de saber onde […]

Susn

A estéril rebelión dos indignados | Manuel Xestoso | | Foto: Arno Declair |     Cuestionar os valores do sistema no que vivimos e desenvolver un pensamento crítico son condicións necesarias para cambiar a realidade. E, non obstante, non abonda con ir a contracorrente: ás veces esa rebeldía é simplemente un intento desesperado de […]

Fräulein Julie

Mirada aumentada | Vanesa M. Sotelo |   “A vida non é tan matematicamente idiota como para que só os grandes coman os pequenos, senón que tamén ocorre, coa mesma frecuencia, que a abella mate o león ou, polo menos, faga que o león enlouqueza”. Esta é unha das reflexións que escribe Strindberg no prólogo […]

Britânico

O persoal é o político | Manuel Xestoso |   Cando Narciso lle di a Nerón que o pobo “adora a man que o mantén encadeado” está definindo unha liña política que non empezou precisamente na época en que Racine escribiu esta peza e que, dende logo, non rematou naquela altura. A función dirixida por […]

Il ritorno a casa

Confianza no texto | Manuel Xestoso |   Resulta difícil asistir, nos últimos tempos, a un espectáculo en que a tenacidade por analizar e debullar un texto alcance os niveis de teimosía que Peter Stein aplica a esta obra de Harold Pinter. Coma todos os clásicos, O regreso a casa admite lecturas moi distantes, mais […]