Trala gran acollida de DAIMON y la jodida lógica nun ano marcado pola pandemia, a compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño trae a Vigo a súa creación número trinta, El diablo en la playa. A sala Ártika acolle no seu espazo da Avenida Beiramar o novo espectáculo de Matarile Teatro os días 11, 12 y 13 de decembro. Unha peza que foi estreada o pasado outubro no Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO.
Etiqueta: Festival Internacional de Teatro de Ourense
O FITO inicia hoxe a súa “edición de resistencia”
O 12º Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) arranca no Teatro Principal de Ourense coa obra La voz dormida, de Euroscena (Salvador Collado), compañía procedente de Madrid. Despois da incerteza creada dende que o Concello de Ourense anunciara a retirada de axudas ao encontro, a compañía Sarabela consegue manter a continuidade do festival cunha “programación fiel […]
O FITO Ourense celebrará unha “edición de resistencia”
O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) celebrará a súa duodécima edición despois da incerteza creada dende que o Concello de Ourense anunciara a retirada de axudas ao encontro. Sarabela, a compañía organizadora do FITO anunciou que o Teatro Principal, o campus de Ourense e as rúas da cidade, serán os escenarios do programa […]
A profesión teatral, sorprendida e indignada ante a falta de apoio ao FITO de Ourense
Profesionais das artes escénicas avisan da perda “irreparable” que supoñería a desaparición do Festival Internacional de Teatro de Ourense, despois de que o Concello anunciase publicamente que non apoiaría economicamente unha das citas imprescindibles do calendario teatral galego. | Manuel Xestoso | Entre a rabia e a incredulidade. A decisión do consistorio Ourensán –á […]
A Academia Galega de Teatro rexeita tamén a retirada de apoio ao FITO do Concello de Ourense
A Academia Galega de Teatro, vén de facer público un comunicado no que amosa o seu apoio ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) no que fai patente o seu “rexeitamento da decisión do Concello de Ourense de retirarlle o apoio ao Festival”. A Academial apunta no seu comunicado que “o FITO, tras once […]
Escena Galega rexeita o abandono do Festival de Teatro de Ourense por parte do Concello
Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, vén de facer público un comunicado no que amosa o seu rexeitamento á decisión do Concello de Ourense de retirarlle o apoio ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). O posicionamento de Escena Galega súmase así á desaprobación tamén manifestada pola AAAG (Asociación de […]
Sarabela: “A continuidade do FITO non está garantida”
| Manuel Xestoso | | Foto: Ovidio Aldegunde | Despois da decisión do Concello de Ourense de non apoiar economicamente ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), a compañía Sarabela Teatro compareceu onte ante a prensa para analizar a situación do Festival e para debullar datos que informan sobre o traballo realizado nos […]
A AAAG critica a retirada de apoio ao FITO do Concello de Ourense
O Concello de Ourense anunciou o pasado xoves que non achegará fondos para financiar o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que viña organizando a compañía Sarabela Teatro, polos “elevados custos e escaso retorno económico”, segundo apuntou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. A continuidade do Festival, cunha notable historia na cidade, queda […]
Comeza o IV Encontro ‘Mulleres Creando’ no FITO Ourense
A 11ª edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que se desenvolve entre os días 4 e 14 de outubro, volve acoller un ano máis o Encontro Mulleres Creando, coa participación de 29 mulleres do panorama cultural galego, a máis dalgunhas convidadas do ámbito estatal e Portugal. O Encontro está coordinado e dirixido […]
Matarile estrea o seu novo espectáculo no FITO de Ourense
Matarile estrea en Galicia a súa nova produción, Los limones, la nieve y todo lo demás, un dúo codirixido e coprotagonizado por Mónica García e Ana Vallés. | Foto: Edición Rusa | Matarile Teatro estreará en Galicia o seu novo espectáculo Los limones, la nieve y todo lo demás, dentro da programación do FITO-Ourense. A representación terá […]
Santiago Amoukalli
Insuficiencia do documento | Manuel Xestoso | | Foto: Tempo de Lecer | Teatro documental? Podería ser un asunto de xeometría: obrigar a que o plano da realidade e o plano da ficción se crucen nalgún punto e ver se xorde algunha figura nova. Non se trata de ningunha innovación, mais semella que […]
Petrushka-Extended
Contar como se conta | Manuel Xestoso | Sabemos que, na modernidade, a contemplación dun espectáculo non require só de disposición para desfrutalo, senón tamén dun espírito crítico que o xulgue e ditamine se a súa forma se adecúa ao propósito que o move. Os creadores xa non poden contar coa inxenuidade do […]
Kairos, sísifos y zombis
A utilidade do teatro Manuel Xestoso Resulta pouco probable que atopemos un zombi segundo os canons da cinematografía popular: un corpo acabado de exhumar, vestido con galdrapos, que deambula buscando alguén a quen morder. Pero vaiamos aos grandes almacéns e observemos as multitudes desorientadas, errando entre os expositores na procura de algo que consumir: […]
El futuro empezó ayer
Unha vida sen interese Manuel Xestoso Empoleirados nas maiúsculas das Artes, as Ciencias ou a Política, tendemos a non prestarlle moita atención ás vidas sen interese. E, non obstante, a vida propende a presentarse con moitas menos maiúsculas que a escritura: cando reparamos niso, decatámonos de que as vidas sen interese adoitan conformar a […]
El cuello de la jirafa
Físgoas de baleiro. (A elegancia da mirada). Roi Vidal Ponte Hai cousas que existen e non se ven. Como o tempo. Como a impermanencia do presente. Ou como todo o que se agocha entre as fendas que unen e separan. Matarile é unha desas cousas. Raras. Polémicas. Únicas. Imprescindibles. Matarile non se ve, experiméntase. […]