Islandia

O reality e a realidade Manuel Xestoso   Islandia non existe: é unha metáfora que representa a posibilidade de facer as cousas doutro xeito. Foron os islandeses os que protagonizaron unha revolta que levou á materialización do soño da maioría da poboación europea: dicirlles “non” aos bancos, negarse a rescatalos, evitar as políticas de austeridade, […]

30/40 Livingstone

Autoindulxencia | Manuel Xestoso |   A angustia do home contemporáneo maniféstase, en moitas ocasións, como baleiro existencial, como un sentimento de que a vida debería ofrecer “algo máis”. O problema vén cando ese “algo máis” é un ente impreciso e indefinido, unha simple presunción dunha existencia máis completa. A situación, neste caso, podería ter […]

O estado salvaxe. Espanha 1939

Biografías que importan | Manuel Xestoso |   Semella que se expande a conciencia de que a vida pública se constrúe cos ladrillos das diferentes historias persoais. A pequena intrahistoria dos que trataron de edificar –silenciosos ou silenciados– unha existencia propia durante a ditadura de Franco resulta esclarecedora para elaborar o retrato colectivo daquela época. […]

30 e tantos ósos

Mulleres e circunstancias | Camilo Franco |   Todo ocorre dun xeito cruzado. Como se coherencia ou organización fosen marcas de orientación máis que sistemas. Pode ser que todo ocorra cun sentido, pero que nós o ignoremos. Nós que chamamos azar a todas as cousas das que ignoramos as causas. O azar como esa arañeira […]

Parasceve

Ritual malogrado | Manuel Xestoso |   Escribiu Philip Roth que a Historia adoita entrar na vida das persoas como irrompe un cabalo desbocado no salón onde a familia está comendo tranquilamente: o sobresalto vai seguido de estupor e de feridas irremediables. Parasceve semella querer darlle a razón ao escritor norteamericano e relata como a […]

Teatro invisible

Teatro da teoría do teatro | Afonso Becerra de Becerreá |   O teatro é unha experiencia, unha vivencia compartida sublimada. Un encontro no que a actriz principal, a que se separa da comunidade para amplificar a súa presenza a través dunha enerxía expresiva que se move na quietude e no silencio tanto ou máis […]

Homes bisagra

Teatro vibracional | Afonso Becerra de Becerreá |   Homes bisagra semella materializar as ideas do visionario Antonin Artaud que podemos ler en Le Théâtre et son double. A musculatura sonora, lumínica e corporal actúan nunha sinestesia non redundante, que foxe de calquera lugar común e que fornece efectos empáticos hipnóticos, dunha beleza perturbadora. O […]

Distancia siete minutos

O que non querías oír | Roi Vidal Ponte |   A familia. Trauma e trama da cultura contemporánea. Esa que comeza co Edipo de Sófocles, o que se arrinca os ollos porque non quere ver a súa particular traxedia familiar. Tizina apunta alto e cerca, ao establecer un paralelismo entre a aventura errática da […]

Otelo

“Así caen los imbéciles” | Camilo Franco |   Facer unha versión de Otelo con personaxes manipulados é o colmo da coherencia. Otelo pasa por ser unha obra sobre os ciumes pero é, en realidade, unha obra sobre a manipulación, sobre como as palabras exactas pronunciadas no momento oportuno inflúen nos actos para mal. Viajeinmóvil […]