Entre as 22 obras presentadas a concurso resultou gañadora “Un biolo na noite”, peza de Ana Abad de Larriva sobre a rede de apoio e afectos das mulleres galegas na guerra e na posguerra. O xurado destacou “o artellamento espacial execelente, vencellando as atmosferas do monte e da natureza coa intriga dramatúrxica e a historia dos personaxes a través dun diálogo áxil e profundo”. Así tamén, a acta destaca a poética da autora no desenvolvemento da temática e “o emprego dos recursos teatrais que están fiados cun tratamento lingüístico excelente”.
Etiqueta: Fiot
‘Lara Hierro: Monólogo para o corpo en movemento’ gaña o Premio do Público do Certame de Micro-escenas Metro Cadrado
Os asistentes recoñeceron tamén a actriz Iria Pinheiro como Mellor Intérprete desta edición do M2 polo seu papel no espectáculo Croquetas. O público asistente á cuarta edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, a programación de creación escénica de novos formatos e de artistas emerxentes do FIOT, escolleu a performance Lara Hierro: Monólogo para […]
Experimentación escénica na apertura do FIOT en pausa
O Pazo da Cultura acolle este sábado 10 (ás 18.00, 19.00 e 20.00) a estrea da performance Live, que o público poderá seguir ao vivo tamén a través do Instagram. O mellor da escena galega e estatal regresa a Carballo. Desde este venres 9 e até o vindeiro 18 de outubro, celébrase FIOT en […]
FIOT en pausa outorga a Carlos Alonso o galardón Xograr de Outono 2020
A programación do FIOT en pausa comeza este venres 9 coa estrea da ficción sonora A lúa, válvula de spray, unha coprodución do FIOT escrita por Rosalía Fernández Rial e dirixida por Quico Cadaval, que contará cunha presentación pública propia hoxe, xoves 8, ás 16.00, en Carballo. A esencia do corazón das artes escénicas […]
As entradas do FIOT en pausa sairán á venda o vindeiro luns 5 de outubro
A programación teatral celebrarase entre os días 9 e 18 de outubro en Carballo e contará con propostas como Curva España, A lingua das bolboretas, A xente 2.0, Liberto ou Prostitución. O teatro volve de xeito seguro á Carballo. O FIOT en pausa xa ten data para o inicio da venda de entradas para […]
O FIOT fai unha pausa no 2020 pero mantén a súa aposta pola creación escénica galega
A 29ª edición do festival non se celebrará, pero a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo propoñen unha programación teatral especial entre os días 9 e 18 de outubro nomeada FIOT en pausa. “Ás veces, para continuar, cómpre facer unha parada, coller folgos e reiniciar”. O director do FIOT e da Asociación […]
Telón e Aparte convoca o IV Certame de Micro-Escenas M2
A Asociación Cultural Telón e Aparte, unha das entidades organizadoras do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, convoca o IV Certame de Micro-Escenas M2 . A convocatoria, que ten aberto o seu prazo de inscrición ata o 30 de xuño, ten como obxectivo apoiar a creación escénica de novos formatos e a compañías e […]
O público do FIOT escolle ‘Jauría’, de Kamikaze Producciones, como mellor obra
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo cifra en 16.273 o número de participantes entre as diferentes liñas de programación ao longo das cinco semanas de duración da cita escénica. | Foto: Vanessa Rábade | O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo pecha a súa edición con maior número de participantes da […]
Carballo acolle a final do Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís
Non se pode dar por terminado o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo) ata que non se celebra a final do Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. O auditorio do Pazo da Cultura acollerá hoxe domingo a final da XIX edición deste certame, que este ano supera os 360 participantes. O acto, […]
Patricia de Lorenzo recibiu o título de Xograresa de Outono no FIOT de Carballo
Como estaba previsto, Patricia de Lorenzo, da compañía Chévere, recibiu o título de Xograresa de Outono do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) o pasado venres 1, na xornada de clausura do festival. O dramaturgo Manuel Lourenzo –Xograr de Outono 2018– foi o encargado de entregarlle o premio nunha cerimonia na que estaban presentes numerosos […]
O electo
A causa e a consecuencia | Manuel Xestoso | | Foto: Vanessa Rábade | Hai en O electo máis psicoloxía que política, máis conquista da propia confianza que da confianza do electorado. O que comeza con tons de sátira política vai rectificando o rumbo pouco e pouco até acollerse a un itinerario menos polémico, […]
Contraproducións presenta ‘O electo’ en Carballo
| Foto: Vanessa Rábade | Esta mañá o 28º Festival Internacional Outono de Teatro presentou O electo, unha co-produción de Contraproducións, Focus e o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo). A estrea absoluta desta creación, baseada nun texto de Ramón Madaula, terá lugar o vindeiro venres 25, ás 21:00, no Pazo da […]
‘Chicas e chicos’, de Dennis Kelly, estréase en castelán no FIOT de Carballo
O Festival Internacional Outono de Teatro coproduce xunto á compañía madrileña El Sol de York esta conmovedora peza, ateigada de humor, dor e realidade, que baixo a batuta de Lucía Miranda, premio Ojo Crítico de RNE, pon en cuestión a masculinidade, as violencias machistas e as súas consecuencias sobre as e os menores. O […]
Carballo acolle Escena Norte Idea, unha xornada de reflexión sobre artes escénicas e interculturalidade
O proxecto Camiño Escena Norte chega a Galicia. O vindeiro 9 de outubro, o 28 Festival Internacional Outono de Teatro, o FIOT, acollerá a xornada profesional Escena Norte Idea, unha iniciativa que pretende abordar o Camiño de Santiago do Norte como conector e vertebrador da diversidade cultural. A xornada forma parte da programación expandida do […]
Comeza o programa de sala do FIOT Carballo
Kulu Orr, Rodrigo Cuevas, Kikolas, Sincronacidas, MJ Pérez e Patty Diphusa actúan esta fin de semana nas propostas de OTNI, Rúa dos Contos e Teatro de Rúa. O recinto da rúa Pan tamén acolle este venres, ás 20:00, a inauguración da exposición 30 anos de Teatro do Morcego en homenaxe a Celso Parada Comeza o […]