Galicia Escena PRO

Galicia Escena PRO 2021 abre o prazo de presentación de propostas artísticas

O mercado abriu hoxe, e ata o vindeiro 20 de abril ás 15.00 h., o prazo de presentación de propostas cara á configuración do seu programa de exhibición que, como en edicións anteriores, incluirá tanto espectáculos en formato completo como os proxectos que as compañías avanzarán nas sesións de pitching. O rexistro debe realizarse a través dos formularios en liña da web www.galiciaescenapro.gal.