Teatro es ti

Teatro… es ti

“O teatro é unha arte milenaria e resistente. Resistiu as Guerras Mundiais, resiste os gobernos que tentan retirarlle os medios e os espazos, resiste os poderes que o censuran. Non hai quen esgane nin afogue o teatro. El sempre vai estar aí porque é connatural ao ser humano. Isto é incontestable e sinto poñerme así de taxativo, pero é. Non hai civilización humana sen teatro e canto menos teatro, menos civilización e menos humanidade”, afirma Afonso Becerra no seu artigo de opinión quincenal con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro 2021.