Residencias Paraíso 2021

O Colectivo RPM convoca unha nova edición das Residencias Paraíso

As Residencias Paraíso, convocadas polo Colectivo RPM, pretenden fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar. Normalizar o concepto de residencia artística resulta fundamental para o presente e o futuro das políticas culturais en Galicia, significa atender e respectar o espazo e o tempo adicado á investigación artística, o verdadeiro xerme de todo o que virá.