Xunta Directiva AAAG

Nova xunta directiva da AAAG

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que representa a máis de 340 profesionais da interpretación e da dirección de escena, é unha das entidades con maior percorrido e proxección do tecido asociativo do noso sector cultural. Fundada en 1985, a AAAG é unha entidade sen ánimo de lucro de carácter profesional, autoxestora e autónoma. Entre as súas funcións, atópanse a dignificación da profesión, a defensa dos intereses laborais do seu corpo asociativo, a promoción da produción do sector conformado pola escena e mais o audiovisual ou a organización dun dos acontecementos máis sobranceiros do calendario cultural en Galicia: os Premios de Teatro María Casares.