Home

Home: A Place Within

En Home: A Place Within de Ana Beatriz Pérez xunto coa Hedwig Dances de Chicago, a concepción poética e íntima, tamén lúdica, na coreografía, sumada á singularidade dos corpos e dos espazos, así como a montaxe e edición de vídeo, realizadas por Armando Martén, coa asistencia de Jacob Buerger, xeraron unha peza que nos libera dos efectismos e intrigas de guión das series de ficción e que, no entanto, nos mete en casa allea, para sentir a fascinación ante o fogar como fonte de movemento e expresión inefábeis.