Lacura Bibiana Monje

Lacura

Lacura, de Bibiana Monje, é un espectáculo onde non hai concesións. A actriz íspese con naturalidade e mostra os secretos que lle apetece. Non hai piedade, tampouco, para con ela mesma. Mais esta falta de piedade está adozada coa mirada da que sabe do que fala. Da que sabe dos seus demos e é quen de conversar con eles de fronte.