Me Gustas Pixelad_

Matías Daporta comisaría o Festival Me Gustas Pixelad_2021

En formato híbrido, presencial e online, presenta dez pezas de trece artistas que ofrecen un espazo de observación e experimentación en torno ao coidado, a cura e a dixestión dun evento traumático. A programación do festival Me Gustas Pixelad_2021 oscila, de maneira provocativa, entre a realidade e a ficción, a historia e a memoria, o humor e a reflexión, a participación e a contemplación.