Político, mestre e namorado do teatro. Xosé Manuel Pazos Varela foi unha peza crucial na evolución socioteatral en Cangas do Morrazo coa fundación da MITCF, a creación do Fondo Teatral María Casares ou a construción do Auditorio Municipal.
Etiqueta: Mostra de Cangas
Ímoste botar moito de menos, Pazos!
Non me gusta nada escribir obituarios, acho que ás persoas hai que quererlles de vivas e que debemos homenaxearnos todo canto poidamos mentres esteamos vivos. Penso que Xosé Manuel Pazos tamén era así, un home de moito traballar, pero tamén de moito desfrutar. Estar con el era, en certo sentido, incluso nunha reunión de traballo, unha festa. Porque era un tipo divertido, sen poses nin engolamentos.