A recente campaña de acoso e ameazas ao dramaturgo Carlos Santiago é vista por quen facemos a erregueté – Revista Galega de Teatro como un intolerable atentado á liberdade de expresión e un elo máis na vaga de ataques á liberdade creativa que vimos sufrindo nos últimos tempos, vaga cuxo fin último non é outro […]
Etiqueta: Mostra de Teatro de Cangas
A galiña azul
A inocencia e a inxenuidade | Manuel Xestoso | Non é o mesmo a inocencia que a inxenuidade. Contar dende a inxenuidade lévanos a ignorar o conflito; contar dende a inocencia significa enfrontar o conflito cuns ollos despoxados de prexuízos. E de prexuízos fala A galiña azul: dende unha inocencia que linda co candor […]
Nacidas libres
Non é tan fácil | Manuel Xestoso | | Foto: ProLight Estudio | Quizais o máis interesante de Nacidas libres sexa que, sen que se note demasiado, pon en cuestión un dos mitos máis incardinados na sociedade actual: o da liberdade. Da liberdade falan hoxe moito algúns políticos, moitos xornalistas e, sobre todo, a publicidade. […]
Río Bravo
Flaca-flash-back | Roi Vidal Ponte | Aquela obra que vin cando neno ensinoume o divertido que podía ser o teatro. Aquilo era enxeñoso, rebelde e imaxinativo. E por iso nos gustaba. A min e ao meu irmán, que xogabamos cos personaxes de Río Bravo e coas súas cancións coa mesma ilusión coa que o […]
Abre a XXXIV Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
Do 30 de xuño ao 8 de xullo O Morrazo transfórmase un ano máis no epicentro do teatro cómico cunha nova edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Durante nove días, a vila morracense acollerá 22 espectáculos entre os que se atopan 5 estreas absolutas, catorce espectáculos galegos e dúas coproducións. […]
Interrupted
A máquina inclemente | Manuel Xestoso | Conciliación é unha bonita palabra que inventamos ao decatármonos de que o traballo ocupaba todo o noso espazo vital, ao advertir que a nosa vida persoal pasaba a ser un luxo que non nos podiamos permitir se queriamos sobrevivir nun ambiente laboral onde a ambición e […]
Las Cervantas
Agora como entón | Camilo Franco | Cervantes debería ser galego. De Cervantes, primeiro. Con ese apelido Saavedra e co patrocinio do Conde de Lemos. Con moitos oficios na súa biografía, de soldado a recadador de impostos, coa última opción da literatura e con esa inclinación á ironía imposible de disimular. Tan galego […]
Malasombra
Asombra ou non, a sombra? | Roi Vidal Ponte | Non asombra: A este conto escénico pásalle o que aos filmes de acción: a maxia que conseguen os efectos especiais cae pola costa abaixo da febleza narrativa. Presume de estética naif coa coartada de estar baseada nos cómics de estética naif. Pero nos cómics […]
El Lazarillo de Tormes
Da fame e das aparencias | Manuel Xestoso | A fame como motor do comportamento humano: velaí un principio que nos países occidentais tiñamos un pouco esquecido e ao que, desafortunadamente, comezamos a non ser tan alleos. O Lazarillo de Tormes orixinal retrata unha sociedade na que as aparencias prevalecen sobre a exactitude e […]
La flauta mágica. Variaciones dei Furbi
A construción da maxia en escena | Vanesa M. Sotelo | O Premio Max 2014 ao mellor espectáculo musical non defraudou na súa presentación durante a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Na súa adaptación de La flauta mágica de Mozart, a compañía catalá Dei Furbi, ofrece unha síntese lúdica da […]
El extraño caso de la Marquesa de Vadillo
Xogo e posibilidades | Vanesa M. Sotelo | “As cicatrices indican de onde vés pero non cara onde vas”. Abrir posibilidades, buscar, divertir, presentar horizontes a partir das fendas da sociedade… foron sempre algunhas das funcións do teatro. El extraño caso de la Marquesa de Vadillo é unha excusa para xogar e abrir posibilidades. […]
Bancarrota
Este asunto do diñeiro | Camilo Franco | Como as miserias humanas non cambian dun século para outro, os argumentos teatrais vanse mantendo no tempo con toda frescura. Debería sorprendernos máis a resistencia dos humanos a mellorar que a idea de que os clásicos son intemporais. Seguramente o diñeiro é o invento máis influinte […]