Boas prácticas AGPXC

A AGPXC presenta un ‘manual de boas prácticas’ na xestión de espectáculos ao vivo

A intención deste manual é a de establecer dun modo práctico, os pasos que debe seguir calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, á hora de afrontar a organización dun espectáculo ao vivo. A presidenta da AGPXC, Pilar Portela, descatou durante a presentación que “desde a asociación queríamos que fose eminentemente práctico e útil para todas as axentes que participan nun espectáculo e que poñemos a disposición de todo o sector”.