Sombra titánica | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Julian Mommert | A escuridade dá á luz un ser cósmico e inclasificable, unha figura na que é posible apreciar a esencia impersoal da humanidade e detectar os elementos dun eu absurdo. Absurda e protésica, esa figura descubre a lóxica dun universo cambiante no que […]
Etiqueta: Portugal
O mundo cultural e teatral portugués solidarízase con Carlos Santiago
Máis dun cento de personalidades do teatro e, en xeral, da cultura de Portugal fixo público un comunicado no que manifestan a súa solidariedade con Carlos Santiago tras os ataques do que está sendo obxecto despois de protagonizar o pregón de antroido, no que representou un dos seus personaxes máis populares, o propio apóstolo Santiago. […]
Tan lonxe, tão perto
Xornadas Culturgal sobre circulación escénica transfronteiriza | Manuel Xestoso | As relacións escénicas entre Galiza e Portugal son complicadas dende o principio: a historia do teatro galego comeza con aquel Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, no que, supostamente, galegos e portugueses manteñen un enfrontamento sobre os dereitos de pesca no río. En […]
Five Easy Pieces
A inocencia ante a verdade | Vanesa M. Sotelo | “Como aprendemos a ser humanos?” É unha das preguntas ás que nos convida o creador suízo Milo Rau coa peza Five Easy Pieces. Para suscitar esa pregunta desde a escena, non é estraño que escolla a actores menores de idade nin que a […]
Vangelo
Evanxeo Delbono | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Luca Del Pia | Cando a nai deixou de querer ver a natureza foi o momento no que o fillo descubriu que a nai perdera a fe. Onde marchara a súa fe? Pregunta Pippo Delbono no que resulta un dos momentos máis reveladores de Vangelo. […]
Un île flottante
A palabra burguesía xa non está de moda | Manuel Xestoso | | Foto: Simon Hallstrom | Une île flottante está inspirada nunha peza de Labiche, La poudre aux yeux, na que dúas familias burguesas pretenden amañar o matrimonio dos seus herdeiros simulando ambas posuír un patrimonio do que xa non gozan coa finalidade […]
Tráfico
A traxedia e a farsa | Manuel Xestoso | A traxedia repítese como farsa, iso xa o sabiamos. Pode ser o signo dos tempos: as grandes tramas que explica o teatro grego regresan reconvertidas en película de mafiosos. Quizais polos paralelismos entre o crime organizado e a organizacioón dunha sociedade cuxo único obxectivo […]
Embarcação do Inferno
Asegurar o Paraíso e perpetuar o Inferno | Vanesa Sotelo | | Foto: Paulo Nuno Silva | Cada espectáculo é a posibilidade humana de organizar unha nova realidade, de construír un mundo paralelo nun tempo suspendido fóra do tempo que diariamente nos roubamos. Embarcação do Inferno, co-produción realizada entre A Escola da Noite de Coimbra […]
Speak low if you speak love
Máquinas desexantes | Manuel Xestoso | | Foto: Danny Willems | Entre o amor e a sedución existe unha violencia dos corpos e dos sentimentos que o relato máis tradicional sobre o amor romántico oculta. O amor, en realidade, é un discurso que se esgota en si mesmo: nun “quérote” que é máis […]
This is concrete
O concreto entre os corpos | Vanesa M. Sotelo | | Foto: Renato Mangolin | Dous corpos concretos: Jefta van Dinther e Thiago Granato. Dous corpos masculinos en concreta atracción. Un espazo en movemento transformado por unha luz concreta. Un espazo sonoro preciso que remove internamente o corpo de quen mira. This is concrete […]
Os últimos dias da humanidade
Monumento titánico ao eterno naufraxio | Vanesa M. Sotelo | | Foto: João Tuna | Unha titánica posta en escena para expoñer o sisífico destino da humanidade. Esa podería ser unha forma de resumir o complexo desafío que supón levar a escena Os últimos días da humanidade, de Karl Kraus. O Teatro Nacional São […]
The Ventriloquists Convention
O creador e o seu dobre | Manuel Xestoso | | Foto: Susana Neves | Os creadores adoitan ter unha relación conflitiva coas súas creacións. Quizais o caso máis célebre sexa o de Deus –cuxas criaturas favoritas preferiron arriscarse a probar a froita prohibida que vivir nun réxime de todo incluído no Paraíso– mais […]
Kitsune
A ironía do sinxelo | Manuel Xestoso | | Foto: Susana Neves | Por paradoxal que pareza, talvez a imaxe máis precisa da morte sexa a dun neno. Nunha sociedade secularizada na que a idea do tránsito perdeu validez, a alternativa para deitar algo de luz sobre o tabú do pasamento podería pasar […]
A conferência dos pássaros
A beleza do real | Manuel Xestoso | Ornitólogos e sufís comparten a convicción de que o ceo se atopa na terra, de que aos seres alados é máis doado atopalos no universo tanxible que en ningún paraíso post-mortem. A conferência dos pássaros baséase nun relato místico persa no que as aves se […]
Nunca mates o mandarim
A lóxica do low-cost | Manuel Xestoso | Hai persoas –poñamos por caso nos Estados Unidos– cuxo traballo consiste en observar as imaxes que envía un dron dende Afganistán, a once mil quilómetros de distancia. De cando en vez, ten que premer un botón que matará a un miliciano ou –segundo os estudos […]