The Cherry Orchard

O xogo do teatro | Manuel Xestoso |     A compoñente lúdica da arte maniféstase moi especialmente no teatro. Xogamos a ser outros, a facer que facemos e, nese xogo, creamos unhas regras que tenden a un fin: atoparlle un significado a ese mesmo xogo. Gadamer explicounos que o espectador dese xogo é tamén […]

Kaash

Dinámica gravitacional | Vanesa M. Sotelo |     Tal vez non poidamos entender o universo mirando pola fiestra a Osa Maior pero podemos compartir escintileos de imaxes primixenias e impactos asociativos do imaxinario colectivo a través da atracción e o equilibrio dos corpos en movemento. É o que acontece con Kaash, da Akram Khan […]

A Canoa

A violencia e o discurso | Manuel Xestoso |   Existe a violencia e existe a forma en que se narra a violencia. A forma do relato inflúe no xeito en que asimilamos o relatado. Dicir “violencia domestica”, por exemplo, non explica as mesmas cousas que dicir “violencia machista”. Hai unha amálgama de connotacións implicadas […]

Fräulein Julie

Mirada aumentada | Vanesa M. Sotelo |   “A vida non é tan matematicamente idiota como para que só os grandes coman os pequenos, senón que tamén ocorre, coa mesma frecuencia, que a abella mate o león ou, polo menos, faga que o león enlouqueza”. Esta é unha das reflexións que escribe Strindberg no prólogo […]

Britânico

O persoal é o político | Manuel Xestoso |   Cando Narciso lle di a Nerón que o pobo “adora a man que o mantén encadeado” está definindo unha liña política que non empezou precisamente na época en que Racine escribiu esta peza e que, dende logo, non rematou naquela altura. A función dirixida por […]

Il ritorno a casa

Confianza no texto | Manuel Xestoso |   Resulta difícil asistir, nos últimos tempos, a un espectáculo en que a tenacidade por analizar e debullar un texto alcance os niveis de teimosía que Peter Stein aplica a esta obra de Harold Pinter. Coma todos os clásicos, O regreso a casa admite lecturas moi distantes, mais […]

Três dedos abaixo do joelho

Herdanzas sen testamento | Vanesa M. Sotelo |   “A nosa herdanza non está precedida por ningún testamento”, escribiu o poeta Renè Char. Dalgún xeito, este pensamento xorde a medida que se desprega sobre a escena o universo de Três dedos abaixo do joelho, de Tiago Rodrigues. O título do espectáculo, Três dedos abaixo do […]

Tropa fandanga

Entre o milagre e a Revolución | Manuel Xestoso |   A revista goza de mala fama polos longos anos en que tratou de disimular que sobrevivía mentres afogaba nos seus propios tópicos. E, non obstante, na súa orixe compartía moitos elementos co cabaré literario, co burlesque, co music-hall. E, tamén, co teatro político. En […]

Bilingue

Unha xeración á busca do seu relato | Manuel Xestoso |   Estase a converter nun xénero: o teatro que fala sobre a imposibilidade de contar unha historia. O argumentario reúne combustible a partir dos sospeitosos habituais: Lyotard e a inoperancia dos grandes relatos, Derrida e a negación da estabilidade de ningún texto, Baudrillard e […]

Sax tenor

Reivindicación de clase | Camilo Franco | | Foto: Filipe Ferreira |   E aquí estamos outra vez enfrontados a Roberto Vidal Bolaño sen que el cambiase nin a circunstancia mellorase. Como se el tivese chegado a ese limbo particular formado por algúns textos escolares, os escenarios sen patios de butacas e as baldas de […]

Sax tenor

Un acontecemento extraordinario | Manuel Xestoso |   Que unha cultura como a galega –que non conta co aparato dun estado propio para defendela– consiga que un dos seus dramaturgos máis senlleiros se infiltre na programación dun Teatro Nacional doutro país é un acontecemento extraordinario que debería, cando menos, provocar expectación. Pero, curiosamente, a posta […]