Estoxo con obras de Xohana Torres de Engaiolarte

Engaiolarte recupera o teatro de Xohana Torres

O teatro de Xohana Torres estableceu paralelismos co da súa época. A súa estética decantouse cara a un culturalismo arrimado a unha fonda compoñente política. E nesa fusión entre a linguaxe elevada e o contido crítico reside grande parte da súa forza. Engaiolarte reedita dúas pezas da autora ferrolá: A outra banda do Íberr e Un hotel de primeira sobre o río.