Anxos abandonados

Anxos abandonados en mosaicos despois do combate

O único ser vivo capaz de reflexionar sobre a súa propia traxedia, a de ser, é o ser humano. Capaz de premer o botón que fai estourar a bomba e chorar logo polos seus resultados. O único ser vivo capaz de matar ax conxénere e cantar a súa soidade. O único capaz de crear e destruir ao mesmo tempo e mesmo, facer do proceso unha obra de arte. Arredor disto orbita a nova proposta escénica de Julio Fer e Anómico Teatro: Anxos abandonados en mosaicos despois do combate.