Unha edición con gran variedade de xéneros, desde o teatro de actriz-actor ata o teatro de monicreques, pasando polo teatro de rúa, teatro musical, danza e circo contemporáneo. Variedade tamén nas idades recomendadas, con pezas para bebés e público familiar.
Etiqueta: Sarabela
As entradas do FIOT en pausa sairán á venda o vindeiro luns 5 de outubro
A programación teatral celebrarase entre os días 9 e 18 de outubro en Carballo e contará con propostas como Curva España, A lingua das bolboretas, A xente 2.0, Liberto ou Prostitución. O teatro volve de xeito seguro á Carballo. O FIOT en pausa xa ten data para o inicio da venda de entradas para […]
O FIOT fai unha pausa no 2020 pero mantén a súa aposta pola creación escénica galega
A 29ª edición do festival non se celebrará, pero a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo propoñen unha programación teatral especial entre os días 9 e 18 de outubro nomeada FIOT en pausa. “Ás veces, para continuar, cómpre facer unha parada, coller folgos e reiniciar”. O director do FIOT e da Asociación […]
Sarabela estrea a versión teatral de ‘A lingua das bolboretas’
O Auditorio Municipal de Ourense acolle este mércores 16 de setembro ás 21.00 horas a función inaugural da montaxe A lingua das bolboretas, de Manuel Rivas, coa que a compañía ourensá celebra os seus 40 anos de traxectoria. Gonçalo Guerreiro asina a dirección e a dramaturxia do espectáculo que interpretan Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fina […]
A CRTVG adaptará á televisión as ‘Crónicas do Paraíso’ de Sarabela Teatro
A obra, unha adaptación das Crónicas do sochantre de Álvaro Cunqueiro, está interpretada por Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Fina Calleja e Sabela Gago, baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro. Luís Avilés dirixirá a adaptación á televisión.. A adaptación a televisión da obra de teatro Crónicas do paraíso, de Sarabela Teatro en colaboración coa produtora Ollovivo, é o […]
Un total de 30 espectáculos inscríbense nos XXIV Premios de Teatro María Casares
A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 17 de febreiro e del sairán os/as finalistas en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns Un total de 30 espectáculos e máis […]
Catorce espectáculos na programación teatral do Auditorio Gustavo Freire de Lugo
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a programación teatral que completan a programación do primeiro semestre do 2020 para o Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Un total de 14 representacións teatrais, que comezarán o vindeiro domingo 12 de xaneiro uniranse ao ciclo Lugo en Danza “para achegar á […]
Vigocultura presenta a programación do primeiro semestre 2020
A programación de artes escénicas Vigocultura para o primeiro semestre de 2020 contará con 24 compañías que presentarán 77 funcións de espectáculos de rúa, monicreques, teatro, danza, maxia e circo. Entres os meses de febreiro e abril, o Auditorio acollerá cada venres espectáculos para adultos de compañías galegas como Contraproducións, Sarabela, Malasombra, Marelas Producións, Ibuprofeno […]
Sarabela estrea ‘Crónicas do Paraíso’, unha inmersión no universo cunqueiriano
Sarabela Teatro estrea esta fin de semana, no Auditorio do Concello de Ourense, a súa nova montaxe, Crónicas do Paraíso, con dúas sesións: o sábado 21, ás 21:00 e domingo 22 ás 20:00. Crónicas do paraíso é unha versión libre de As Crónicas do Sochantre de Álvaro Cunqueiro. A trama orixinal de Cunqueiro serve para […]
Sarabela: “A continuidade do FITO non está garantida”
| Manuel Xestoso | | Foto: Ovidio Aldegunde | Despois da decisión do Concello de Ourense de non apoiar economicamente ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), a compañía Sarabela Teatro compareceu onte ante a prensa para analizar a situación do Festival e para debullar datos que informan sobre o traballo realizado nos […]
Xa se coñece a programación teatral do Pazo da Cultura de Narón para o outono
Os actores Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, coa comedia Unha noite na praia, abrirán en setembro un amplo abano de espectáculos para todos os públicos que traerán ao Pazo da Cultura de Narón. O Padroado da Cultura retomará o venres, día 13 de setembro, a programación cultural do Pazo que se desenvolverá nos catro […]
Resoltas as axudas á produción escénica da Agadic
O importe global das axudas á produción é de 650.000 euros, a mesma contía que o ano pasado. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) fixo pública hoxe a relación de proxectos subvencionados ao abeiro da súa convocatoria de axudas á produción escénica. Segundo a adxudicación publicada onte no web da Agadic, recibirán apoio […]
Sete espectáculos en A esCEEna, a V Semana de Teatro e das Artes Escénicas de Cee
O próximo luns 19 de agosto comeza en Cee a V Semana de Teatro e das Artes Escénicas de Cee, “A esCEEna”, que se prolongará ata o domingo 25 e que levará sete espectáculos á vila fisterrá. Todas as funcións serán no Auditorio Baldomero Cores ás 21:30. | Foto: Rosinha Rojo | A Mostra comeza o […]
Comeza a nova tempada da Rede Galega de Teatros e Auditorios
No segundo período de programación, que se estenderá de agosto a decembro, Contraproducións, Chévere, Limiar Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego, Odaiko, Pérez&Fernández, Producións Dispersas, Producións Teatráis Excéntricas, Teatro da Ramboia e Sarabela Teatro presentarán novas producións. Budiño será o encargado de abrir mañá en Burela o segundo período da programación anual da Rede Galega de […]
Ribeira presenta o seu ciclo de teatro máis longo da última década
A Mostra de Teatro de Ribeira –que foi presentada onte para anunciar que a partir do próximo día 5 de agosto xa se poderán adquirir os bonos– será a máis longa da última década e estenderáse dende o 27 de setembro até o 5 de decembro. A compañía Sarabela, con Normas para saber vivir na […]