Hoxe comeza a oitava edición da Semana de Teatro Vila de Sarria. Ata o domingo poderán verse cinco obras para nenos e adultos no parque do Chanto e na Praza da Vila. A obra encargada de abrir esta oitava edición será Milagre no convento, a cargo da aula de Teatro municipal, dirixida por Lorena Do Val. […]