O Teatro Rosalía Castro da Coruña acollerá este venres, 17 de xaneiro, ás 20.30 h. a estrea de Leira, novo espectáculo de Nova Galega de Danza, que contará coa participación en directo da cantante Rosa Cedrón. A nova produción da compañía conta coa dirección artística de Jaime Pablo Díaz e coreografía de Iker Gómez. […]