Escena Galega demanda ás administracións a blindaxe do sector escénico

As restricións á cultura derivadas da crise sanitaria da COVID-19 provocaron case 200 suspensións e cancelacións de espectáculos e é prioridade para o sector que as administracións competentes promovan medidas específicas a curto e medio prazo que faciliten a normalización no desenvolvemento da actividade das compañías, as e os profesionais e os e as creadoras.