Evaristo Calvo

Evaristo Calvo asina o Manifesto Galego polo Día Mundial do Teatro

O Teatro é unha arte inmortal, escribe Evaristo Calvo no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro 2021, mais esta arte inmortal ten a sua cara viva no agora, no tempo dos vivos que non somos inmortais. Esta xente de agora, está a soster ferida a arte que a humanidade se deu a si mesma para se recoñecer. As intérpretes somos un órgano vital no corpo desta arte inmortal. O teatro non vai morrer, pero hoxe sofre cando este órgano adoece de fame e medo.