As Residencias Paraíso, convocadas polo Colectivo RPM, pretenden fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar. Normalizar o concepto de residencia artística resulta fundamental para o presente e o futuro das políticas culturais en Galicia, significa atender e respectar o espazo e o tempo adicado á investigación artística, o verdadeiro xerme de todo o que virá.
Categoría: Certames
Convocado o XX Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais
Os obxectivos principais do Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais son incentivar a escrita dramática en galego a través da edición da peza gañadora, así como garantir a súa montaxe profesional por medio dun concurso público aberto para calquera compañía teatral de Galicia.
Convocado o XVI Premio Abrente de Textos Teatrais
Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego.
Aberto o prazo do IV Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais para adolescentes
Un certame que nace da necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato e coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por estudantes do ensino secundario.
Convócase o III Premio ‘Laudamuco’ para Textos Teatrais
A dotación económica do premio será de 7.000 euros e a edición da obra gañadora, que correrá a cargo de Edicións Positivas. Laudamuco, señor de ningures foi a obra coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional. Aconteceu o dezaseis de maio de 1978. Van alá corenta e dous anos. Detrás daquela […]