Primeiro a vida!

A danza chega á Sala Rebullón con ‘Primeiro a vida!’

Os coidados están hoxe no centro, agora son visibles, mais sempre foron imprescindibles para manter a vida. Somos vulnerables, estamos sempre expostos e precisamos doutros corpos que nos apoien durante a nosa vida. O corpo fala da vulnerabilidade, escríbea con xestos e desprazamentos, en toda manifestación que sostén. Precisamos dos coidados dos outros para manternos con vida xuntos en comunidade. Esta peza é un eloxio dos coidados, é dicir, tecemos o coidado en movemento e os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda ‘Primeiro a Vida’ ou ‘Antes a Vida’ ou ‘Elixir a Vida’; tres posibles traducións do verso de André Bretón, transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio de 1968 en Francia. Fronte a explotación, a precariedade e a morte que trouxo a pandemia, nós eliximos coidarnos e proclamamos: Primeiro a vida!

Ártika

Comeza o I Ciclo de Danza e Artes do Movemento na Sala Ártika

A compañía madrileña Provisional Danza, de Carmen Werner, será a encargada de dar o pistoletazo de saída coa súa montaxe Solos ao I Ciclo de Danza e Artes do Movemento que comeza hoxe na Sala Ártika e que se desenvolverá ao longo dos vindeiros tres fins de semana deste mes de xuño no local da Avenida de Beiramar. O espectáculo, formado por tres solos das artistas Tatiana Chorot, Cristian López e Sebastián Calvo, poderá verse desde este venres 4 e ata o domingo 6 de xuño ás 20.00 h.

Friedemann Vogel

Friedemann Vogel asina a Mensaxe do Día Internacional da Danza 2021

O Día Internacional da Danza foi creado polo Comité Internacional da Danza do Instituto Internacional do Teatro (ITI), o socio principal da UNESCO para as artes escénicas. Desde a súa creación en 1982, o Comité da Danza e o Instituto Internacional do Teatro (ITI), seleccionan cada ano a unha personalidade destacada da danza para que escriba unha mensaxe en conmemoración do Día Internacional da Danza. Este ano, o alemán Friedemann Vogel, bailarín principal do Ballet de Stuttgart, é o encargado de asinar a mensaxe.

Mar en Danza

Preséntase o Ciclo ‘Mar en Danza’ na Coruña

‘Mar en Danza’, que conta co apoio da Deputación da Coruña, nace coa intención de situar á cidade herculina como un referente no ámbito da disciplina a nivel nacional. Grandes figuras da danza, tanto bailaríns como coreógrafos, visitarán nos próximos meses A Coruña para impartir clases maxistrais e conferencias, ademais de actuacións e encontros abertos co público. 

Colectivo Glovo EM·NA

Colectivo Glovo presenta no Ensalle ‘EM·NA’, a súa nova peza

Colectivo Glovo ennmarca este traballo nunha “fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotiá”, e recoñecen nela unha forte influencia do mundo e espíritu xaponés. “A peza busca entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante. Un ‘momentum’ sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio”.