Juancho Gianzo: “Matarile está tendo unha boa aceptación, pero a min gustaríame o que é xusto o meu traballo: conseguir que todo vaia a mellor”

Tiven a sorte de falar con Juancho Gianzo (Santiago de Compostela, 1980), durante o tempo de ensaios do novo espectáculo de Matarile, e puiden así falar con el de aspectos que, se cadra, teñen que ver co que acontece máis alá do palco, e que resultan imprescindíbeis para que unha produción poida chegar ao escenario.

Oficios do teatro: Salvador Forján

Salvador Forján: “Eu sei moito de teatro, os actores e directores tamén, pero non permito que ninguén asoballe a ningún compañeiro nin a min”

Oficios do Teatro é a nova sección audiovisual da erregueté | Revista Galega de Teatro coa que queremos salientar o traballo das e dos profesionais da escena galega. Fran Peleteiro, o seu coordinador, recupera esta entrevista inédita de 2017 realizada a Salvador Forján, encargado de maquinaria escénica da AGADIC e técnico residente no Salón Teatro do CDG.