Ernesto Is (Xixón, 1988), un dos novos dramaturgos con máis presenza no sistema teatral galego, é colaborador habitual da erregueté | Revista galega de Teatro. Logrou o Premio Abrente coa obra Fendas en 2016 e o o XVII Premio Rafael Dieste de Teatro con Despois das ondas, posta en escena por ButacaZero con dirección de […]
Categoría: No confín de…
No confín de… Atenea García
Actriz e narradora oral. Creadora da compañía Xarope Tulú xunto a Nicolás Zamorano. Formou parte do elenco de Neorretranca e Posmorriña, a última montaxe do Centro Dramático Galego con dirección de Gena Bahamonde, baseada nos textos de Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte. Na actualidade traballa como actriz en Mai Mai, unha montaxe da […]
No confín de… Roberto Pascual
Director Artístico da MIT de Ribadavia, colaborador de escénicas na Radio Galega, profesor na ESAD de Galicia e doutras variadas iniciativas no ámbito escénico. Nos últimos anos ten colaborado en diversos ámbitos de xestión escénica, dende o Consello artístico do INAEM ata o Cabildo de Tenerife ou a dirección da colección de teatro Abrente da […]
No confín de… Machi Salgado
Machi Salgado é un dos intérpretes galegos máis recoñecidos do teatro e do audiovisual do noso país. Fariña, Serramoura, A Estiba, Néboa ou, recentemente, o filme María Solinha son algunhas das súas aparicións diante da cámara. Sobre a escena, a última montaxe na que participou é Idiota de Redrum Teatro, papel polo que podería gañar […]
No confín de… Elea López
Actriz, docente de teatro e, ás veces, directora. Fórmase en Espazo Aberto con Carlos Neira. No 2017 abre a súa escola, Ítaca Artes Escénicas, en Lugo, onde se imparten clases de teatro para todas as idades e niveis, así como danza e cursos intensivos con distintos profesionais. Desenvolve con Rocío Andón a experiencia de teatro […]
No confín de… Juancho Gianzo
Juancho Gianzo é o produtor e distribuidor de Matarile Teatro. Forma parte da compañía desde 2017, cando coñeceu a Ana Vallés e Baltasar Patiño mentres traballaba no festival Escenas do Cambio. Actualmente traballa na preprodución de El diablo en la playa, a próxima montaxe do grupo, interpretada por Celeste e Claudia Faci. | Foto: Iván Nespereira […]
No confín de… Paula Sanmartín
Paula Sanmartín é transmigrante, atriz, criadora cénica, docente teatral, estudante de filosofia e investiga todo tipo de poéticas cinéticas no seu selo de produções Teatro En-Trance. Sua última criaçao, Pulso, foi apresentada no Programa Especial 3×3 do auditório do concello de Vigo o março passado. | Foto: Sue Rainbow | O libro que tes […]
No confín de… Fran Lareu
Actor e trompetista. Fran Lareu é un dos rostros habituais da televisión e do teatro en Galicia. Fundador e intérprete da desaparecida compañía IlMaquinario Teatro, entre os últimos traballos escénicos do lalinense destacan Crónicas do Paraíso de Sarabela Teatro, con dirección de Gonçalo Guerreiro, e O meu mundo non é deste reino de Teatro da […]
No confín de… Mabel Rivera
Mabel Rivera é unha das grandes actrices da escena e do audiovisual en Galicia. No seu extenso currículo sobre as táboas dos nosos teatros destacan as montaxes Agasallo de sombras, escrita e dirixida por Roberto Vidal Bolaño; Os vellos non deben de namorarse, con dirección de Eduardo Alonso para o CDG; Inventarios, dirixida por Fernanda […]
No confín de… Marcos Alonso
Actor, xestor cultural e produtor. Marcos Alonso é socio da Sala Ártika, xunto a Fernanda Barrio, desde a súa apertura no ano 2014 na Avenida da Beiramar de Vigo. Como intérprete, Alonso é un dos fixos das montaxes de Teatro Avento: Aladino e a lámpada marabillosa, Como sobrevivir a unha apocalipse zombi, Polo meu aniversario […]
No confín de… Laura Villaverde
Codirectora de Artesa_Cía xunto a Roi Fernández, Laura Villaverde é unha actriz con carreira no teatro e no audiovisual. A tudense formouse na SITI Company xunto a Anne Bogart. Os seus últimos traballos son a produción do CDG Neorretranca e Posmorriña, con dirección de Gena Bahamonde, ou Chola, a It Girl e Illas Desertas da […]
No confín de… Helena Varela e Xosel Díez
Helena Varela é actriz, performer e lectora de audiolibros; Xosel Díez é artista, profesor e enxeñeiro. Os dous compoñen o núcleo central do colectivo multidisciplinar Cinema Sticado. Coa súa serie de intriga escénica de cine ao vivo STRPTS –Episodio 1: Mirlo & Rula (2015) e Fin de Tempada (2018)– xiraron por toda Galicia, parte do […]
No confín de… Eduardo Alonso
Director de escena, presidente da Asociación de Directores de Escena, vicepresidente e membro fundador da Academia Galega de Teatro; Eduardo Alonso é historia viva do teatro galego. A súa compañía, Teatro do Noroeste, con máis de trinta anos de traxectoria, ten levado á escena innumerábeis textos de Albert Camus, Roberto Vidal Bolaño, William Shakespeare, Bertolt […]
No confín de… Diana Sieira
“Actriz e produtora, aínda que do último estoume quitando. Pasei por tódolos mundos posibles enriba e debaixo das táboas, diante e detrás das cámaras. Nos últimos anos dedícome aos monólogos cómicos, tinguindo o panorama galaico cun estilo diferente, absurdo e irreverente. Apaixonada pola historia da caza de bruxas e o teatro como acto comunitario ritual, […]
No confín de… Gonçalo Guerreiro
Actor, director, escenógrafo e músico. Xunto a María Torres forma Elefante Elegante hai vinte anos. Tropical, Patapatúm ou A Danza da Choiva, gañadores estes dous últimos títulos do Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil en anos consecutivos, son algunhas das pezas máis destacadas da compañía. Guerreiro está a piques de estrear a nova montaxe […]
No confín de… Luma Gómez
Actriz e directora. Con máis de cincuenta montaxes ás súas costas, Luma Gómez é unha das grandes intérpretes de Galicia. As suplicantes de Esquilo, Woyzeck de Büchner, Rei Lear de Shakespeare, Bailadela da morte ditosa de Roberto Vidal Bolaño, A vida de Galileo de Brecht e as pezas creadas pola súa propia compañía, Teatro do […]
No confín de… Roi Fernández
Creador visual e transmedia. Roi Fernández é codirector de Artesa_Cía xunto á actriz Laura Villaverde. O último espectáculo da compañía, Illas Desertas, nace no marco das Residencias Paraíso 2018 do Colectivo RPM. Fernández ultima os detalles do seu próximo filme: Ursúas, un conglomerado de historias arredor do Camiño de Santiago, cunha mestura de estilos e […]
No confín de… María Torres
Actriz, directora artística e produtora do Elefante Elegante, fundada xunto ao director e músico Gonçalo Guerreiro. María Torres participou en todos os espectáculos da compañía desde a súa creación: Patapatúm, A Danza da Choiva, Nuncabunga (Premio María Casares ao mellor espectáculo 2013), In, O Rueiro das Liortas, O Forno ou Tropical. Están a piques de estrear […]
No confín de… Javier Martín
Coreógrafo e investigador. Javier Martín é un dos máis destacados profesionais das artes do movemento. SOMA xunto co escultor Joaquín Jara e coproducida polo CDG, Método Negro, Metopio, El estado crudo ou La exforma son algunhas das pezas coas que o coruñés xirou por Galicia, gran parte do estado, Portugal, Uruguai, Rusia ou México, entre […]
No confín de… Marián Bañobre
“Actriz, creadora escénica e realizadora dunha chea de labores máis dentro do eido teatral”. Marián Bañobre forma, no 2010, Ibuprofeno Teatro xunto a Santi Cortegoso. A filla de Woody Allen, O Furancho, Raclette, Casa O’ Rei ou, recentemente, O mel non caduca son algúns dos espectáculos da compañía nos que está todoterreo das táboas participou […]
No confín de… Alfredo Rodríguez
Actor, director e pedagogo. Alfredo Rodríguez dirixe, xunto a Olga Cameselle, o espazo de formación A Artística de Vigo para artes performativas e do movemento. A principios deste ano estreou o espectáculo Lixo xunto a compañía O Baúl da Tía Tola. O libro que tes sobre a mesa de noite. Non leo na cama. […]
No confín de… Mariana Carballal
Profesora de interpretación na ESAD de Galicia, actriz e directora. Mariana Carballal comezou a súa carreira como intérprete en Teatro Yeses e Teatro de Cámara de Madrid. De volta en Galicia, traballaría nas montaxes Os vellos non deben de namorarse con dirección de Manuel Areoso para o CDG, O burgués fidalgo de Teatro do Morcego […]
No confín de… Ailén Kendelman
Música, actriz e compositora. Membro d’A Panadaría xunto a Noelia Castro e Areta Bolado. Ademais de súa faceta como intérprete nos espectáculos da compañía, Kendelman é a encargada das composición musicais. As cancións e ritmos de Pan! Pan!, Panamericana e Elisa e Marcela son un dos selos inconfundíbeis das panadeiras. Forma parte do conxunto musical […]
No confín de… Carlos Labraña
Carlos Labraña é un dos autores de teatro infantil e xuvenil máis prolíficos da literatura dramática galega. A pequena compaña, Estrelecer (publicada por Galaxia), A fada pirata, Moito Morro Corporation Sociedade Limitada ou O Valo (IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil) son algunhas das súas pezas máis destacadas. Parte activa da Asociación de […]
No confín de… Noelia Castro
Actriz e deseñadora gráfica. Fundadora d’A Panadaría xunto con Ailén Kendelman e Areta Bolado. Noelia Castro é a responsábel da imaxe gráfica dos espectáculos da compañía: Pan! Pan!, Panamericana e Elisa e Marcela. No audiovisual traballou en 9 Fugas de Fon Cortizo e pronto poderemos vela no filme Ursúas de Roi Fernández. O libro […]