Neste tempo de (post)pandemia, quixemos sumar algunhas voces chegadas de diferentes puntos do planeta. Con motivo dunha nova edición do Festival de Teatro Santander en Escena que do 27 de setembro ao 4 de outubro se celebra na cidade colombiana de Bucaramanga, recibimos o seu berro de agradecemento á vida e pola vida do teatro. […]
Categoría: Figura convidada
Coisas de criações, pandemias e políticas públicas
Estava nas vésperas de embarcar para o Brasil, mais uma vez invadido pela felicidade de estar no Festival Internacional Janeiro de Grandes Espetáculos do Recife, Beatriz e o Peixe Palhaço fazia parte da programação. Desta vez, Paulo de Castro arriscou-se a acolher um espetáculo que nunca tinha visto e não se arrependeu, foi emocionante… Elsa […]
Isaac e o teatro independente, por Manuel Lourenzo
Hoxe cúmprense 100 anos do nacemento de Isaac Díaz Pardo, unha figura transcendental na historia do país. Queremos lembralo con este texto en que Manuel Lourenzo –a quen agradecemos a súa xenerosidade– revela algúns dos elos que o ligaron ao nacemento do teatro profesional galego. | Texto: Manuel Lourenzo | Na década dos sesenta […]
Mensaxe da revista ‘Conjunto’ da Casa de las Américas
Por unha declaración de emerxencia para a escena latinoamericana e caribeña A pandemia afectou e segue a afectar cada día a vitalidade e o desenvolvemento do teatro latinoamericano e caribeño e pon en risco a supervivencia de valiosas agrupacións. Funcións e festivais tiveron que cancelarse e suspendéronse os ensaios. Mentres grupos e artistas xeran […]
Escena pospandémica. Unha visión desde a Arxentina, por Carlos Piñero
| Carlos Piñero | Hai 30 anos que exerzo a profesión de titiriteiro, profesión que aprendín de mestres e, sobre todo, de colegas. Algunhas veces outorgáronme premios e moitas outras non. Tiven a sorte de viaxar por moitos festivais internacionais, pero a fortuna máis valorada é a de ter coñecido a tantas persoas que […]
En attendant Rambert, por Tamara Andrés
| Tamara Andrés | En quen te convertiches?Coñecémonos?Cal é o teu nome?Tes un nome?Hai alguén aí?Hai alguén? Pascal Rambert escribe Clôture de l’amour para Audrey Bonnet e Stanislas Nordey. A peza estréase no Festival d’Avignon no ano 2011 e o texto sae do prelo en Francia ese mesmo ano. Tradúcese a máis de […]
Segunda carta á profesión desde o confín, por Chiqui Pereira
Chiqui Pereira, da compañía Berrobambán, continúa ofrecendo novos puntos de vista sobre as consecuencias que pode ter a crise derivada do confinamento colectivo sobre as artes escénicas. Hai exactamente dúas semanas comezabamos a escribir a anterior carta e parece que pasaron meses. Paradoxalmente, neste confinamento acontecen demasiadas cousas demasiado rápido, así é que, ao […]
Carta á profesión desde o confín, por Chiqui Pereira
Chiqui Pereira, da compañía Berrobambán, reflexiona neste artigo sobre algunhas das cuestións que apón este confinamento colectivo sobre a profesión teatral e sobre o teatro mesmo. Todo comezou cunha chamada de teléfono. Cancelábase unha actuación a finais de abril. Cando o teléfono volveu soar xa estaba cancelado todo marzo e todo abril. Para as […]
Ubú, flor do mal, por Henrique Harguindey Banet
Cando o ceo sobre nós é unha lousa pechada que fai reptar no chan o espírito a laiar e o horizonte semella unha soga apertada que afoga un día negro máis triste que o pesar. Cando a terra se vira en prisión lamacenta onde a Esperanza foxe, cal morcego voador, e bate contra os muros […]
A arte da conversación, por Raúl Dans
| Texto: Raúl Dans | A literatura é unha forma de conversación. “Ler libros bos”, dixo Descartes, “é como conversar coas mellores mentes do pasado”. Simplificando, a literatura é unha maneira de coñecer xente. Coñecín a Gustavo Pernas na Coruña, nas portas de Vídeo Galicia, un dos estudios fundacionais da dobraxe en Galicia. Presentoumo […]
As Artes Escénicas galegas queremos ser universitarias, por Sandra Núñez Figueroa
| Sandra Núñez Figueroa, Presidenta da Delegación de Alumnado da ESADg | Despois dunhas semanas de non parar –coma todas as persoas que tentan achar un oquiño ou continuar neste “mundo do teatro”, xa que estamos en continua supervivencia–, sento por fin diante do ordenador e repaso todo o acaecido até agora nestas semanas de […]
Textos para Nesto, de Luma Gómez e Eduardo Alonso
Reproducimos aquí os textos lidos por Luma Gómez e Eduardo Alonso durante a cerimonia civil de despedida a Ernesto Chao. A colaboración entre os tres foi continua durante as últimas décadas, en especial durante a “etapa de formación” do teatro profesional galego, na que contribuíron a crear o Centro Dramático Galego, e durante na década […]
Pregón da 35ª Mostra de Teatro de Cangas, por Eduardo R. Cunha “Tatán”
Para que che inviten a ser pregoeiro da Mostra de Cangas tes que ser alguén importante e hai pouca xente tan importante como Eduardo R. Cunha “Tatán”. A asociación entre a Mostra e Tatán é, daquela, unha alianza importante á que a erregueté –por suxestión de xente importante– non podía permanecer allea. Reproducimos aquí o […]
Todas as revoluções num instante, por Jorge Palinhos
O dramaturgo portugués Jorge Palinhos vén de estrear dentro do marco do festival Mondes Possibles o espectáculo My Revolution is Better Than Yours, baixo a dirección de Sanja Mitrovic. Co presente artigo, Palinhos comparte algunhas das claves desta experiencia nacida en 2016 con motivo da efeméride do Maio do 68. Autor con pezas estreadas en […]
Nada que perder, por Quico Cadaval
Co galo dos catro Premios María Casares obtidos por A cabeza do Dragón (Mellor Vestiario, Mellor Tradución / Adaptación, Mellor Actor Secundario, Mellor Actor Protagonista), especialmente polo premio á mellor tradución / adaptación, recuperamos este artigo de Quico Cadaval, publicado na erregueté nº 90 no que o tradutor e director da obra expón a súa visión […]
‘O Fidalgo’ de San Luís Romero, por Rosalía Fernández Rial
“Unha casa probe na aldea de Bértoa. Porta ó foro direita; fenestra á esquerda, que dá á cuciña e ó curral. Debaixo da fenestra, un sarillo. Primeiro termo, á direita, unha ucha grande e vella; á esquerda, unha artesa. Segundo termo, á esquerda, antre a porta da cuciña i a fenestra, unha lacea grande separada […]
Derrubando muros invisibles, por Rebeca Sanz Conde
A autora vén de dirixir a lectura dramatizada da obra Índigo, de Vanesa Sotelo, no El Pavón Teatro Kamikaze de Madrid, dentro do ciclo Las funciones por hacer. | Rebeca Sanz Conde | Cando recibín o texto Índigo algo máxico sucedeu case de inmediato. Ao comezar a lectura puiden sentir como unha voz me guiaba internándome […]
O muro, por Carlos Santiago
| Texto: Carlos Santiago | Hai un muro entre a Galiza e Portugal que condiciona calquera debate, non só no eido teatral, sobre os seus desexables amoríos. O muro é eminentemente cultural, e para nada ortográfico. Temos, nunha beira do río, un país excéntrico que perde unha e outra vez as oportunidades de definir […]
O humor non ten dúbida, por Camilo Franco
| Camilo Franco | Pasou a romería e volvemos ao lugar de sempre. Os premios María Casares déronlle unha volta ao panorama do pasado ano escénico e reafirmaron algunhas das intencións da edición anterior. Que Chévere é a principal compañía de teatro que ten Galicia, que en nada deixaremos de falar de novas xeracións de teatro […]