Homilía breve sobre misa e teatros

Homilía breve sobre misa e teatros

Cultura e Culto semellan ter a mesma raíz, mais non son iguais, polo menos para a administración. Mentres os teatros, auditorios e centros culturais permanecen pechados nesta terceira vaga da pandemia da COVID-19, os lugares de culto continúan abertos. Podemos ir á misma, mais non ao teatro. Por que ocorre isto? Ata o de agora, o cancelo #aculturaésegura está a cumprirse.

Ímoste botar moito de menos, Pazos!

Ímoste botar moito de menos, Pazos!

Non me gusta nada escribir obituarios, acho que ás persoas hai que quererlles de vivas e que debemos homenaxearnos todo canto poidamos mentres esteamos vivos. Penso que Xosé Manuel Pazos tamén era así, un home de moito traballar, pero tamén de moito desfrutar. Estar con el era, en certo sentido, incluso nunha reunión de traballo, unha festa. Porque era un tipo divertido, sen poses nin engolamentos.

Auditorio Municipal de Vigo

Vinte e case non dou creto (parte I)

Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.