Portal de Subscrición

Súmate á erregueté !

Únete ao movemento #erreguélove

A experiencia erregueté!

Subscríbete

Cada semestre, recibirás a erregueté en papel na túa casa. Un total de dúas revistas ao ano.

Libros sorpresa

Recibirás catro obras da Colección de Dramaturxia Contemporánea. Un total de dous libros ao ano.

Comunidade

Ser socio/a da erregueté é unha experiencia de comunidade: a das Artes Escénicas galegas!

Subscríbete xa!

Recibe na túa casa 2 revistas + 2 libros ao ano

Subscrición anual

2 revistas + 2 libros
24
00
anual
  • Dúas revistas (unha cada semestre)
  • Dous libros de dramaturxia
  • Envío incluido a toda España
  • Fas posible a única publicación de Artes Escénicas en Galicia
erregueté

Os prezos incluen IVE. As subscricións renovanse automáticamente coa finalización do periodo correspondente.

FAQ

As preguntas e respostas máis frecuentes

A subscrición á erregueté é anual e comprende o ano en curso. Coa subscrición recibirás as revistas correspondentes do ano da subscrición que se editan sobre o mes de xullo e decembro.

Por exemplo, se a alta se produce en setembro, recibirás as revistas de xullo e a de decembro dese mesmo ano.

Se queres números anteriores podes conseguilos na Libraría Abrente.

A erregueté ten unha edición semestral que corresponde ao final de cada tempada de espectáculos. Deste xeito, o primeiro número do ano publícase sobre o mes de xullo; o segundo número sae de imprenta a comezos de decembro.

Podes mudar o teu enderezo de envío dende a túa conta de usuario. Só tes que acceder co teu email ou nome de usuario e o contrasinal. Na sección “editar enderezos” podes mudar os datos de envío da túa subscrición.

Recorda mudalo antes dos envíos de xullo e decembro para que non fagamos o envío ao enderezo vello.

A renovación da subscrición á erregueté realizase automáticamente en febreiro de cada ano. No momento da actualización automática, xérase unha orde de pagamento que é preciso confirmar manualmente nos casos de pagamento con tarxeta de crédito ou transferencia bancaria. É dicir, compre aboar a cota anual dende a conta de usuario ou seguindo o email que recibirás.

Para aqueles que fixeron domiciliación bancaria ou o pagamento mediante Paypal, non é preciso facer nada pois o pagamento se realizará de maneira automática. En caso de erro ou falta de fondos, recibirás unha comunicación nosa.

 

Esqueciches facer a renovación? Cres que estabas subscrito pero non recibes as revistas?

Algunhas veces pode xurdir a dúbida sobre a túa subscrición. Para saber se a túa subscrición está activa, só tes que acceder a túa conta de usuario premendo aquí.

Se aínda tes dúbidas… escríbenos.

A erregueté e os libro da Colección de Dramaturxia Contemporánea contan con envío gratuito para a península e Baleares. Para envios ao estranxeiro contamos cunha tarifa especial de 8 euros (países específicos).

Consulta os gastos de envío ao estranxeiro no proceso final de subscrición.

Non queremos perderte como subscritor/a!!!

Se tes problemas para facer o pagamento da renovación na data establecida (a plataforma xera as ordes de renovación no mes de febreiro de cada ano) podes pausar a túa subscrición na túa conta de usuario ata que podas actualizala.

As revistas non serán enviadas durante o tempo no que a subscrición estea en pausa pero, unha vez feito o pagamento, recibirás o número atrasado.

Quero sumarme!

Recibe na túa casa 2 revistas + 2 libros ao ano

Queres algún número anterior?