in ,

Laboratorio Escénico estrea ‘MONTE- Versión Estendida’

Hoxe, no Auditorio Cine Alovi das Pontes

Imaxe promocional do espectáculo Monte - Versión Estendida
Imaxe de 'Monte - Versión Estendida', de Laboratorio Escénico. Foto de Raquel Castro.

O novo espectáculo da compañía Laboratorio Escénico estréase hoxe, 28 de febreiro, ás 20.00 horas no Auditorio Cine Alovi das Pontes. MONTE – Versión Estendida é un traballo escénico que combina a danza e a música en directo dirixido pola coreógrafa cubana arraigada en Alemania Maura Morales e interpretado por tres bailarinas (Ana Beatriz Pérez, Estefanía Gómez e Alba Fernández) e cinco músicos en directo [Diana Tarín voz e percusión), Amaury Quintero (batería e percusión), Pablo Hernández (catro portorriqueño), Alfredo Álvarez (piano) e Octavio Vargas (baixo eléctrico)].

Sinopse

“MONTE – Versión Estendida nace das historias de mulleres  e fronteiras e o corpo como única equipaxe. Mulleres que deixaron atrás a terra coñecida e aprenderon a habitar outras, transformándose no tránsito entre culturas.

O monte como espazo de segredos, refuxio da memoria e territorio sacro onde se entrecruzan o visible e o oculto, como un espazo simbólico común onde se manifesta o espiritual, o popular e o sincrético.

A través do movemento e a música, o corpo convértese en arquivo vivo dunha identidade híbrida, onde se revela como estas mulleres se reinventan, cando as fronteiras dilúense e a pertenza reescríbese constantemente”.

Ficha artística

Dirección e coreografía: Maura Morales

Idea orixinal: Alba Fernández

Composición e dirección musical: Iván Doval

Interpretación (danza): Ana Beatriz Pérez, Estefanía Gómez e Alba Fernández.

Interpretación (música): Diana Tarín, Amaury Quintero, Alfredo Álvarez, Pablo Hernández e Octavio Vargas.

Iluminación: Afonso Castro.

Vestiario: Carolina Díguele.

Escenografía: Carolina Díguele e Isabel O’Connor (Vara 3).

Técnicos en xira: Afonso Castro e Dyango Pérez.

Produción e distribución: Laboratorio Escénico S. Coop. Galega.

Fotografía e vídeo: Raquel Castro, Octavio Vargas, EME Comunicación.

Deseño gráfico: Manchea S. Coop. Galega

Espectáculo subvencionado polas Axudas á Creación Escénica da Agadic 2025 (Xunta de Galicia).

Vindeiras datas

O espectáculo poderá verse tamén o 17 de abril no Auditorio Gustavo Freire de Lugo e o 24 de abril no Auditorio Municipal de Arteixo.

A compañía

Laboratorio Escénico é unha compañía de artes escénicas creada en 2019 baixo a dirección da cooperativa Laboratorio Escénico S. Coop. Galega. Da man das tres socias, Alba Fernández (creadora, bailarina e profesora de danza), Alicia López (bailarina e creadora de artes escénicas e visuais) e Carmen Cotelo (actriz, directora e profesora de teatro), teñen actualmente catro espectáculos en xira e dous en proceso de creación. A súa obra caracterízase polas temáticas sociais e a mestura de disciplinas escénicas, como a danza, o teatro e a música. Tamén xestionan o centro Laboratorio Escénico Coop, sede da compañía, que se dedica á formación, á creación e á investigación das artes escénicas na Coruña.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Bio Construción, de Ibuprofeno Teatro

Ibuprofeno Teatro estrea ‘Bio Construción’

Foto do espectáculo Oh, Mammi Blue

Oh, Mammi Blue