in , ,

A 28ª MITEU inaugúrase hoxe en Vigo

Cunha función de ‘Insurrección’, de Fernando Dacosta

Insurrección, da Aula de Teatro do Campus de Ourense da UVigo
'Insurrección', de Fernando Dacosta, na montaxe da Aula de Teatro do Campus de Ourense da UVigo. Fonte: MITEU Ourense.
A Mostra Internacional de Teatro Universitario, MITEU, inaugura hoxe, 9 de abril, a súa 28ª edición no Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo. Será a partir das 18.30 horas, cunha función de Insurrección, de Fernando Dacosta, levada á escena pola Aula de Teatro do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, “Maricastaña”.
A programación desenvolverase ata o vindeiro 7 de maio. Podes consultar e descargar aquí o programa completo da 28ª MITEU de Vigo.
A Mostra Internacional de Teatro Universitario, MITEU, nos campus de Vigo e Pontevedra está organizada por Teatro de Ningures e a Universidade de Vigo.
Cartel da 28ª MITEU
Cartel da 28ª MITEU. Deseño de Diego Seixo. Fonte: Teatro de Ningures.
Redacción
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Imaxe grupal de premiadas e premiados nos Premios María Casares 2026

Os XXX Premios María Casares xa teñen gañadores