Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

Publicidade

Publicidade

FTMC – Boletín informativo # 19

Xullo 2021

Abrimos este boletín de verán do Fondo Teatral María Casares coa presentación de dúas obras escritas por autoras latinoamericanas e un texto teórico-práctico, sobre o traballo coa voz, dun profesor de conservatorio. Deseguido, vai un volume sobre a danza, dous ensaios sobre teatro popular e pechamos coa lembranza dunha revista de teatro de Galicia e do norte de Portugal.

Bo verán e proveitosas lecturas de teatro!

Cartas de consuelo / Acuática

de Laura Blanca Coton / Begoña Tena

Publicacións da ADE (Asociación de Directores de Escena de España). Serie Literatura Dramática Iberoamericana nº 60. Madrid, 2009. (Castelán)

Premio e Accésit “María Teresa León” 2007

A voz do actor

de Santiago Fernández

Manuais Casahamlet Teatro Nº 2. Deputación Provincial da Coruña. 2001.

O Premio “María Teresa León”, que convoca a ADE xunto coa SGAE e o Instituto de la Mujer, busca resaltar o traballo das mulleres na produción artística contemporánea, así como dar publicidade a autoras menos coñecidas polo público e colaborar na creación de espazos que faciliten a divulgación das súas obras. Leva ese nome en memoria da dramaturga da Xeración do 27, Mª Teresa León Goyri.

En Cartas de consuelo as protagonistas son dúas secretarias dun centro psiquiátrico na Alemania nazi que teñen que comunicar, mediante cartas dulcificadas, a morte dos pacientes aos seus familiares. Estas mortes, que en realidade son producidas polo propio centro a xeito de exterminio das persoas que non son consideradas válidas socialmente, trasládanselle ás familias con gran pésame e valorando a vida dos pacientes e as súas calidades, ocultando, por suposto, o gran sufrimento no que remataron os seus días. A parte destas traballadoras, hai un relator que introduce un discurso informativo sobre as situacións nas que vivían as persoas con enfermidades mentais na época e outros personaxes que poden ser títeres ou sombras, os cales fan de apoio nalgunhas das escenas.

En Acuática hai cinco personaxes que se enfrentan aos seus desexos e á necesidade de mudar as súas vidas. Todos eles, cuns obxectivos aos que se entregan de xeito casi obsesivo, acaban interaccionando entre si, ben porque xa tiñan unhas relacións previas -caso de Laura, o Entrenador e o Nadador- ou ben por acontecementos casuais, no caso do Home e da Moza. Comeza o texto cunha escena cómica e tensa na que dúas descoñecidas, Laura e a Moza, se atopan ao pé duns cantís, á sombra dunha autocaravana, e curiosamente ao final volven ter ambas mulleres outro encontro ao pé da autocaravana, que marcará o remate desta comedia tráxica. “Ti cres no azar ou no destino? Eu creo que o azar ten sentido… debe telo… seguro”, di Laura ao final.

Ambos textos indagan na psicoloxía humana ao tempo que os personaxes enfrontan situacións límites.

Laura Blanca Coton é unha escritora arxentina recoñecida con diferentes premios tanto dentro do seu país como fóra. Begoña Tena é cantante e letrista do dúo experimental Antorcha Amable e comezou a escribir no ano 2005.

A voz do actor é un pequeño manual que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na toma de conciencia do propio aparato fonador como instrumento expresivo.

O libro estrutúrase en once partes:

  • Fonación.
  • Respiración.
  • Nocións de fonética.
  • Vocalización.
  • Articulación.
  • Entoación.
  • Exercicios para axilizar o aparato resonador.
  • Alteracións do timbre da voz.
  • Patoloxías.
  • Usos agresivos.
  • Tres leccións de fonética na literatura dramática.

Ao longo do manual o autor introduce contidos fisiolóxicos, explicando de xeito sinxelo, mais completo, o funcionamento dos órganos e dos tecidos implicados na fonación. Propón, ademais, diferentes exercicios que axudan a tomar conciencia e a mellorar os procesos relacionados coa producción da voz, explicando os problemas máis común derivados dun mal uso ou abuso vocal, para finalizar con fragmentos de textos de Moliére, Edmord Rostand e Eugène Ionesco.

É un libro moi útil para todas as persoas que utilizan a voz como medio principal de comunicación: actores, profesores, oradores… Mais, tamén, para calquera persoa que queira profundizar un pouco máis en todo o relacionado coa voz -resoadores, entoación, vocalización…- e, especialmente, para quen sufre con frecuencia de disfonías por un mal uso do aparato fonador.

Santiago Fernández é actor e director de teatro, actor de dobraxe e de televisión. Fundou a escola de teatro CasaHamlet xunto con Manuel Lourenzo da que foi docente e director e foi, tamén, profesor de declamación no Conservatorio Superior da Coruña durante doce anos. En 2020 recibiu o Premio Coruñés de Cine na V edición do Sellier Film Festival.

La Danza Española y la narrativa escénica

de Inés Hellín Rubio

Publicacións da Asociación de Directores de Escena de España (ADE). Serie Teoría y práctica del teatro nº 40. Madrid, 2016. (Castelán)

El teatro del pueblo / Un teatro comprometido

de Romain Rolland / Jean-Richard Bloch

Publicaciós da Asociación de Directores de Escena de España (ADE). Edición de Rosa de Diego. Serie Debate nº 23. Madrid, 2016. (Castelán)

Que relación se establece entre un texto e a danza? O discurso escénico construído desde a danza precisa dunha coreografía, mais tamén doutros elementos expresivos como a escenografía, a música, a iluminación o vestiario… É un labor que esixe unha estreita colaboración entre diferentes artistas.

Á autora indaga neste libro a evolución e as conexións entre as diferentes pólas da Danza Española -Folclore, Escola Bolera, Flamenco e, moi especialmente, a Danza Estilizada- coa creación dos ballets narrativos máis relevantes do século XX que marcaron a historia escénica da Danza Española.

A comezos do século XX, Romain Rolland e Jean-Richard Bloch publicaron unha serie de artigos sobre as súas concepcións -coincidentes e diversas- arredor dun teatro de e para o pobo que respondera ás necesidades dun público estritamente popular. As súas propostas, polémicas no seu momento, resultaron fundamentais para iniciativas posteriores como a fundación do festival de Festival de Aviñón por parte de Jean Vilar.

Este volume recolle os ensaios e puntos de vista de ámbolos dous autores franceses sobre cuestións que seguen sendo  de actualidade.

Ensaio

Revista de teatro de Galicia e do norte de Portugal
de VVAA

Nº 1. Primavera de 1997.

Aproveitando o evento Teatragal 25 anos despois, celebrado no marco da 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), presentamos esta revista que tentaba ser o voceiro e testemuña dese proceso necesario de converxencia entre dúas realidades teatrais que teñen moitas experiencias e proxectos  que intercambiar e compartir.

O primeiro Teatragal tivo lugar os días 6, 7 e 8 de setembro de 1996 en Cangas e no 12,13 e 14 de outubro en Viana do Castelo. Neste primeiro número de Ensaio aparecen publicadas as comunicacións e debates xurdidas nestas sesións.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.