
Fondo Teatral María Casares (FTMC)
O Fondo Teatral María Casares está integrado na Biblioteca Pública de Cangas do Morrazo (Praza de San Xoán nº 10) e é o resultado dun convenio impulsado por Xosé Manuel Pazos Varela e asinado no ano 1995 entre o Concello de Cangas, a Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da erregueté | Revista Galega de Teatro e a Compañía Teatro de Ningures.
Formado inicialmente pola cesión de fondos bibliográficos e diversas coleccións de revistas especializadas destas dúas entidades vaise enriquecendo progresivamente grazas ás continuas achegas de libros e revistas que, recibidas na redacción, se reseñan na erregueté | Revista Galega de Teatro e posteriormente pasan a inventariarse na Biblioteca.
A Asociación Cultural Entre Bambalinas quixo nomear así o FTMC en memoria e homenaxe á actriz María Casares (A Coruña, 1922-Alloue, 1996), quen aos 14 anos tivo que exiliarse en Francia debido ao golpe militar franquista de 1936. Era filla de Gloria Pérez e Santiago Casares Quiroga, ministro e xefe de goberno da II República.
O Fondo conta actualmente con arredor dun millar de volumes e revistas, que son unha base moi útil para todas as persoas interesadas polo feito teatral, sendo un depósito especializado en teatro único en Galicia.
Ademais de libros e revistas, o fondo conta con gravacións de vídeo, fotografías, montaxes e outros materiais de interese.
O Fondo Teatral María Casares organiza tamén exposicións e outras actividades, subministrando información sobre diversos acontecementos teatrais: cursos de teatro, festivais, certames, etc. e proxecta ademais converterse nun centro de documentación sobre toda a actividade teatral xerada ao longo dos anos.
Nesta ligazón podedes consultar os libros do Fondo Teatral María Casares.
Boletíns do Fondo Teatral María Casares
Este boletín informativo nace como un escaparate que convide a entrar no Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas. Neste fondo é posible atopar máis de mil libros e revistas de teatro para todos os gustos.
- All
- Ano 2020
- Ano 2021


FTMC – Boletín informativo # 14

FTMC – Boletín informativo # 13

FTMC – Boletín informativo # 12

FTMC – Boletín informativo # 11

FTMC – Boletín informativo # 10

FTMC – Boletín informativo # 9

FTMC – Boletín informativo # 8

FTMC – Boletín informativo # 7

FTMC – Boletín informativo # 6

FTMC – Boletín informativo # 5

FTMC – Boletín informativo # 4

FTMC – Boletín informativo # 3

FTMC – Boletín informativo # 2

FTMC – Boletín informativo # 1
