in ,

Estrea e homenaxe en Culturgal. A ESPERA DO BALEIRO de Xián Martínez e Companhia de Dança de Almada

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Venres 27 de novembro ás 21h.

'A espera do baleiro' de Xián Martínez - iXa - Companhia de Dança de Almada. Foto: Hugo David
'A espera do baleiro' de Xián Martínez - iXa - Companhia de Dança de Almada. Foto: Hugo David

Unha das grandes citas da xornada de hoxe en Culturgal é A espera do baleiro, unha peza de danza contemporánea, coprodución da compañía galega iXa, a Companhia de Dança de Almada e o Centro Coreográfico Galego, dependente de Agadic/Xunta de Galicia.

Esta función vai ser, ademais dunha estrea en Galicia, unha homenaxe ao coreógrafo e director desta peza, Xián Martínez Miguel, falecido moi recentemente aos 30 anos de idade.

Despois da función haberá un coloquio-conversa, moderado por Afonso Becerra, no que vai participar boa parte do equipo artístico e outras persoas implicadas neste evento, para comentar aspectos artísticos sobre o proceso de creación desta peza, e tamén para compartir algunhas lembranzas de Xián Martínez. Do equipo artístico da Companhia de Dança de Almada estarán a encargada de relacións internacionais Carlota Machado, o coreógrafo Bruno Duarte, a bailarina Mariana Romão, o deseñador de iluminación Paulo Santos, acompañados pola directora do Centro Coreográfico Galego, Pilar Portela, pola coreógrafa galega Marta Alonso Tejada, polas bailarinas e coreógrafas de iXa, Elena Castellanos e Paula Urquijo, polos deseñadores de vestiario, Nicolás Barcala e Noelia Picadizo, e polos compositores da música, Pedro Iglesias e Mondra, pechando, este último, o acto de homenaxe cun tema musical.

'A espera do baleiro' de Xián Martínez - iXa - Companhia de Dança de Almada. Foto: Hugo David
‘A espera do baleiro’ de Xián Martínez – iXa – Companhia de Dança de Almada. Foto: Hugo David

No programa de man de A espera do baleiro da Companhia de Dança de Almada pódese ler a seguinte sinopse:

“A espera do baleiro acontece num tempo suspenso.
Um intervalo antes da despedida, onde o corpo ainda permanece.
Figuras em trânsito atravessam um espaço de luz verde e silêncio.
Eco de rituais antigos que nunca desapareceram.
Tudo espera.
Nada termina.”

“A Santa Compaña e a Procissão das Almas são duas faces de uma mesma sombra antiga que percorre o noroeste da Península Ibérica. Ambas emergem da noite e da névoa, caminhando entre o real e o sobrenatural, entre o medo e a fé. A sua origem mistura o cristianismo popular com crenças anteriores, de raízes pagãs e rurais, onde a morte nunca é um fim absoluto, mas um estado de trânsito.

Tanto na Galiza como em Portugal, estas procissões são narradas como experiências liminares — aparições que revelam a permeabilidade do tempo e do espaço. Representam o contacto com o outro mundo, mas também a presença constante da morte na vida quotidiana. A sua função social era dupla: advertir sobre a fragilidade humana e, ao mesmo tempo, oferecer consolo, lembrando que ninguém caminha só, nem mesmo depois da morte.

A partir de uma experiência pessoal de perda e de uma longa espera vivida por Xián Martínez, nasce o germe criativo de “A Espera do Baleiro”. A ideia da despedida — e, sobretudo, do tempo que se estende antes dela — tornou-se uma presença constante no seu imaginário. Essa suspensão entre o que parte e o que permanece, entre a ausência e a lembrança, converte-se no eixo central da obra.

“A Espera do Baleiro” é concebida como uma obra para seis intérpretes, onde o movimento se transforma em respiração e o tempo em matéria cénica. Um baloiço que oscila entre a vida e a ausência, uma fotografia onde o instante se eterniza. Através da quietude e da repetição, a obra questiona o sentido de permanência e o gesto de despedir-se.

Esta peça pretende abrir um espaço de contemplação partilhada — um território entre mundos, onde a dança se torna rito e a espera, uma forma de eternidade.”

'A espera do baleiro' de Xián Martínez - iXa - Companhia de Dança de Almada. Foto: Hugo David
‘A espera do baleiro’ de Xián Martínez – iXa – Companhia de Dança de Almada. Foto: Hugo David

FICHA ARTÍSTICA

Idea orixinal e dirección: Xián Martinez – iXa
Coreografia: Xián Martinez – iXa en colaboración co equipo
Asistencia de dirección e ensaios: Bruno Duarte
Interpretación: Filipa Pereira, Lúcia Salgueiro, Mariana Romão, Raquel Tavares, Tiago Reis e Tomás Fernandes
Ollada externa e asistente de dramaturxia: Marta Alonso
Ollada externa: Elena Castellanos
Música orixinal: Mondra e Pedro Iglesias
Creación de vestiario: Nicolás Barcala e Noelia Picadizo
Deseño de luz: Paulo Santos
Confección do vestiario: Inês Reis Correia
Produción: Isabel Cruz

Xián Martínez na Quinzena da Dança de Almada. Foto: Raquel Medeiros.
Xián Martínez na Quinzena da Dança de Almada. Foto: Raquel Medeiros.

Xián Martínez (1996 – 2026)

Coreógrafo, intérprete e director artístico nado en Vigo. Formouse no RCPD Mariemma e graduouse en Coreografía e Interpretación no Conservatorio Superior de Danza de Madrid. Recibiu o Premio de “Bailarín Sobresaínte” no Certame Coreográfico de Madrid (2023). Traballou con compañías e creadores como Dantzaz, Staatsoper Unter den Linden (Berlín), Opéra de Lille, Martin Harriague, Marta Pazos, Sol Picó, Colectivo Glovo, Itzik Galili, entre outros. Desde 2020 dirixiu a iXa, acompañado por Elena Castellanos e Paula Urquijo, unha compañía de danza contemporánea cunha forte identidade interterritorial entre Galicia e Euskal Herria. O traballo da iXa centrouse na creación de obras con conciencia de crítica social, forte uso da cor e unha coidada poética da imaxe. As obras da iXa recibiron máis de 15 premios e circularon por países como México, Senegal ou Bulgaria, entre outros. Xián, como iXa, creou tamén para plataformas e compañías nacionais e internacionais como EDCM (Montreal), American Dance Festival, CDAN ou DAB Dantza. Realizou a coreografía da gala dos Premios Audiovisuais Mestre Mateo xunto con Esther Latorre, fixo dirección de escena e coreografía para a cantante Gigi Ros e asistiu proxectos para compañías como Marta Alonso Tejada, Dúo Fàcil ou Enésima. En 2026, iXa estreou 52-BLAU, peza para espazos non convencionais coproducida por máis de sete entidades, entre elas o referente catalán Dansa Metropolitana de Catalunya e o Centro Coreográfico Galego.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

front view books with glasses |

Iván Caloto, Fernando Castro Paredes, Carlos Losada e José Luis Baños gañan os premios de literatura dramática da Agadic