A Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) festexa este ano o cuarto de século do seu evento máis emblemático: o Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán. Cun cartel moi diverso, esta cita consolídase como unha das grandes mostras do talento teatral amador de Galicia.
O XXV Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán empeza mañá, 5 de setembro, e ofrecerá un total de dez funcións repartidas entre setembro e outubro. O público poderá gozar de historias conmovedoras, comedias absurdas, clásicos adaptados e propostas que convidan á reflexión social; e todas as pezas reflicten o intenso labor cultural que os grupos federados desenvolven nas catro provincias galegas.
Programación completa
Salón Teatro. Sábado, 5 de setembro:
• 20:00 h – As nenas raras non van ó ceo – Disfunción Continua.
Salón Teatro. Domingo, 6 de setembro
• 20:00 h – Rosalía, a filla do mar – Pena Furada.
Museo das Peregrinacións. Sábado, 19 de setembro (Xornada de microteatro)
• 19:00 h – Axuste de contos – Abran Paso.
• 19:00 h – Petición de man – Ditea.
• 19:00 h – Barullo!! – Escoitade.
• 19:00 h – Cala!! – O Trasno.
Sala Magán. Venres, 25 de setembro
• 19:00 h – Moito ruído e poucas noces – Carauta
Sala Magán. Sábado, 26 de setembro
• 19.00 h – O parvo – Badius
Teatro Principal. Sábado, 3 de outubro
• 20:00 h – Silencio!! – Atrezo.
Teatro Principal. Domingo, 4 de outubro
• 20:00 h – Mamá! – Farándula Velutina.


