in ,

Espectáculo do Eu.Experimento do Camões no III Festival das Linguas e as Culturas

Este sábado 26 de setembro ás 18h. no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo, sito na Praza da Ribeira do Berbés, presentarán ‘Um copo com Mário Viegas’

'Um Copo com Mário Viegas'. Foto: Afonso Becerra
'Um Copo com Mário Viegas'. Foto: Afonso Becerra

O Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo apoia o III Festival das Linguas e as Culturas, organizado polo Instituto de Investigación Lingua (iLingua) da Universidade de Vigo, unha iniciativa que se realiza no ámbito do Día Europeo das Linguas e que ten como obxectivo promover a diversidade lingüística, o diálogo intercultural e a valoración das diferentes culturas.

O apoio do Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo concretase través da participación do Eu.Experimento – Grupo de Teatro Amador en Portugués do Camões/CCP-Vigo, que presentará a súa máis recente produción teatral, Um copo com Mário Viegas, un espectáculo desenvolvido polo grupo con dramaturxia e dirección de Afonso Becerra de Becerreá e interpretación de António Barreiro, Patrícia de la Fuente, Carmen Lois e Letícia Monteiro.

A peza constitúe unha homenaxe ao mítico actor portugués Mário Viegas (1948–1996), sinalando, en 2026, os 30 anos da súa morte. En ton de verán e de teatro, Um copo com Mário Viegas preséntase como un cóctel teatral composto por humor, absurdo e memoria, evocando tamén textos de Mário-Henrique Leiria e o espírito irreverente que marcou o percorrido artístico de Mário Viegas.

O espectáculo poderá verse o sábado 26 de setembro de 2026 ás 18h no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo, na Praza da Ribeira do Berbés.

Ao longo do día, o público poderá participar gratuitamente nun programa diversificado que inclúe actuacións de música e danza, obradoiros, actividades culturais, demostracións artísticas e outras iniciativas dedicadas á promoción das linguas e das culturas do mundo.

O festival conta coa colaboración de diversas embaixadas, institucións culturais, asociacións e entidades locais, promovendo un espazo de encontro, partilla e celebración da diversidade cultural e lingüística.

A entrada é libre.

'Um Copo com Mário Viegas'. Foto: Afonso Becerra
‘Um Copo com Mário Viegas’. Foto: Afonso Becerra
Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fins al cel

O FIOT de Carballo inaugura a súa 35ª edición