En Galiza tes que ir con coidado, case como se foses pisando ovos, para non ferir susceptibilidades nin egos, porque iso parece ser o que máis importa e pode foder ou dificultalo todo. O ego vén a ser como a leiriña, ten uns marcos e nin se che ocorra rozalos ou movelos un pouco.
Etiqueta: Afonso Becerra de Becerreá
Vinte e case non dou creto (parte II)
Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
Esta revista non é miña
Queremos reforzar o espazo de pensamento, reflexión e difusión sobre algunhas modalidades escénicas minorizadas na nosa contorna, como é o caso da danza contemporánea e das artes circenses, os títeres e o teatro de figuras, tamén o do teatro contemporáneo fincado no amplo espectro das dramaturxias posdramáticas.
Faladoiro virtual: ‘Representacións Queer feministas no teatro’
O dramaturgo, docente e director da erregueté | Revista Galega de Teatro, Afonso Becerra de Becerreá, o cal fará un percorrido por diferentes propostas escénicas e/ou dramatúrxicas a través dos corpos e das sexualidades non normativas, aquelas que confrontan ao sistema e terminan co poder da norma establecida.
Afonso Becerra recibe o Premio de Honra do Festival de Teatro Galego do Carballiño
O FETEGA, Festival do Teatro Galego “Celso Parada” vén de facer público o Premio de Honra “Dorotea Bárcena 2020”, outorgado a Afonso Becerra pola súa labor académica e de activismo teatral ao longo de vinte cinco anos dunha carreira cunha ampla e brillante traxectoria no sector das artes escénica. Recibirá o premio o sábado 26 […]