Greenpiss, de Yllana, componse dunha sucesión de sketches onde aparecen as escenas míticas do ecoloxismo moderno: a empresa que contamina o entorno natural, o exceso de plástico nos mares, a tala indiscriminada e deshumanizada, o maltrato aos animais, a dificultade de ser verdadeiramente ecoloxista nestes tempos… Todos eles, propostos cun referente humano que os fai próximos, no que todxs nos podemos recoñecer, xa que interpelan ás emocións básicas.
Todo iso a un ritmo trepidante, xa que a velocidade é característica da comedia, e ligado cunha gran profesionalidade, onde o elenco pode mesmo improvisar e xogar co público. De feito, un dos grandes momentos da peza acontece cando se convida a unha persoa do público a subir á escena e participar nunha das súas bromas. Tamén, o xogo do reciclado envolve ax espectador/x, que participa indicando onde mellor reciclar cada elemento do lixo, chegando ás mesmas contradicións que chegamos todxs nas nosas casas cando o que queres tirar é confuso de máis para saber de que está feito, onde reciclalo.